Brne Karnarutić, nado en Zadar, arredor de 1515 e finado en 1573, foi un poeta renacentista croata. A súa obra máis famosa foi Vazetje Sigeta grada, unha épica histórica sobre a batalla de Szigetvár.esquerda|miniatura| Portada da primeira edición de Vazetje Sigeta grada, Venecia, 1584

Traxectoria Naceu en Zadar sobre 1515, de antiga familia nobre. Despois da escola en Zadar, estudou Dereito, probabelmente en Padua. Serviu como capitán no exército da República de Venecia, liderando un escuadrón de cabalería croata na Guerra Otomán-Veneciana (1537–1540). Despois traballou como avogado en Zadar, onde morreu arredor do 1573.

Obras Adaptou a metamorfose de Ovidio sobre Píramo e Tisbe baixo o título de Izvrsita ljubav i napokon nemila i nesrićna smrt Pirama i Tizbe (Venecia, 1586). Moito máis famosa é a outra obra de Karnarutić: Vazetje Sigeta grada (Venecia, 1584), a gran epopea histórica croata sobre a batalla de Szigetvár e a morte do ban Nikola IV Zrinski e dos defensores de Szigetvár (1566).

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Recensión sobre Brne Karnarutić e literatura croata en Croacia.eu (en castelán)

Categoría:Finados en 1573 Categoría:Nados en 1515 Categoría:Escritores de Croacia