Heródico de Babilonia (latín : Herodicus, grego Ἡρόδικος) foi un poeta grego da segunda metade do século II que escribiu un importante epigrama atacando aos gramáticos da escola de Aristarco, un epigrama citado por Ateneo de Naucratis e que forma parte da Antoloxía grega.

Do contido do epigrama pódese deducir que este Heródico babilónico é a mesma persoa que o gramático Herodieo, a quen Ateneo menciona como Herodieus ho Crateteios (ὁ Κρατήτειος). Probabelmente foi o sucesor ou un dos primeiros sucesores de Crates de Malos e un dos que apoiou a escola de Pérgamo contra os seguidores de Aristarco. Escribiu a comedia Κωμῳδούμεναι Komodúmenai Persoas satirizadas nas comedias, Ateneo tamén fai referencia a outras dúas obras, σύμμικτα ὑπομνήματα Tratados diversos e Πρὸς τὸν Φιλοσωκράτην Contra os admiradores de Sócrates.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Düring, I., Herodicus the Cratetean. A Study in antiplatonic Tradition. Estocolmo, 1941, Wahlström & Widstrand. William Roger Paton, The Greek Anthology, Loeb Classical Library, Londres ,1927, p. 168 y 399.

Categoría:Escritores en lingua grega antiga Categoría:Filólogos Categoría:Lingüistas de Grecia Categoría:Nados no século II Categoría:Finados no século II Categoría:Poetas en lingua grega