Manuel Fernández López, nado na Coruña en 1908 e finado na mesma cidade o 11 de xullo de 1937, foi un médico galego.

Traxectoria

Médico municipal de hixiene da Pasaxe. Cuñado de Luís Seoane. Afiliado ao Partido Galeguista. Organizou mitins en Perillo, O Burgo e a contorna. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochou na súa casa a republicanos que se atopaban en perigo e colaborou na organización de fugas a territorio controlado polo goberno republicano, sobre todo Asturias. Foi detido o 24 de febreiro de 1937 e a súa casa rexistrada, por axudar ao deputado socialista Luis Rufilanchas que estaba fuxido. Foi procesado xunto con outras 24 persoas polo delito de rebelión militar e xulgado en consello de guerra do 17 ao 19 de maio. Foi condenado a morte con Luis Rufilanchas, Genaro Ruano Sanjurjo, Domingo Rey Lago, Francisco González Agilda, Rotilio Naya Rodríguez, Conrado Naya Rodríguez, Manuel Rúa Losada, Delfino Liñeira Fraga, Juan Sánchez Serantes, Argimiro Aradas Leiro, Francisco Meizoso Veiga, Carlos Ponte Patiño, Nicolás Veiga Núñez, José Santiago García Rey, Manuel Martínez Piñó, Emilio Zufia Moreno, José Méndez Serantes, José Santiago Temprano e Ramón Lea García.La Voz de Galicia, 19-5-1937, p. 2.La Voz de Galicia, 20-5-1937, p. 2. Foron executados o 11 de xullo de 1937 na Coruña,La Voz de Galicia, 13-7-1937, p. 1. excepto Conrado Naya, Juan Sánchez, José Santiago, Manuel Martínez, Emilio Zufia, José Méndez e Ramón Lea aos que se lles conmutou a pena por cadea perpetua; Carlos Ponte foi condenado a 15 anos. Emilia Pérez Pazos e Generoso Rumbo Lafuente foron condenados a 20 anos; Enrique Sardinero Rey a 15 anos; José Lombardía Bargos e Luis Duro de La Iglesia foron absoltos. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas No 80 aniversario do fusilamento de 12 antifascistas na Coruña Homenaxe ao médico activista da Pasaxe

Categoría:Médicos de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en 1908 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Finados en 1937 Categoría:Fusilados