Powys é unha autoridade unitaria de Gales (Reino Unido), e tamén un condado preservado. Foi establecido pola división administrativa o 1 de abril de 1974. Foi formado polos antigos condados de Montgomeryshire e Radnorshire, engadido á maioría do condado de Brecknockshire e un pouco do antigo Denbighshire. As súas fronteiras correspóndense aproximadamentre coas do reino de Powys medieval. É o único condado preservado que non se dividiu en 1994, e tamén o máis grande no país.

Como condado preservado, limita ao norte con Clwyd, ao noroeste con Gwynedd, ao oeste con Dyfed, ao suroeste con Glamorgan do Oeste, ao sur con Mid Glamorgan e ao sueste con Gwent. Coas novas áreas principais, ten fronteiras ao norte con Wrexham County Borough e Denbighshire, ao noroeste con Gwynedd , ao oeste con Ceredigion e Carmarthenshire, ao sur con Neath-Port Talbot, Merthyr Tydfil, Caerphilly e Blaenau Gwent, e ao sueste con Monmouthshire. Limita tamén cos condados ingleses de Shropshire e Herefordshire.

A capital de Powys é Llandrindod Wells, pero a súa localidade máis grande é Y Drenewidd (Newtown). A poboación en Powys foi estimada en 2010 como 131.000. A densidade de 25 por quilómetro cadro é a máis pequena en Gales. O 30,1% de Powys pode falar, escribir ou ler o idioma galés.

Xeografía Boa parte do condado é montañoso e por iso é difícil conducir do norte ao sur. O río Severn, o máis longo do Reino Unido, empeza no condado veciño de Ceredigion e discorre nunhas localidades de Powys: Llanidloes, Caersws, Y Drenewidd - Newtown e Welshpool. O río Wye, o quinto río máis longo, corre en Rhayader e Builth Wells, e Hai on Wye leva o seu nome. O décimo sexto río máis longo do Estado, o río Teme, empeza en Powys e corre en Knighton. Máis ao sur hai o río Usk en Brecon. Algúns dos ríos teñen encoros para fornecer enerxía a unhas cidades grandes en Inglaterra do oeste e Gales do sur. O único parque nacional en Powys é Brecon Beacons no sur.

Escudo O escudo do condado é principalmente negro (polas Y Mynyddoedd Duon, as Black Mountains) e ouro (simboliza minería e a riqueza do condado). Hai tres fontes, que significan os ríos e lagos. Arriba do escudo hai unha torre negra que significa a historia militar de Powys. Un miñato ten losanges (◊ rombos heráldicos) que significan minería de carbón, e unha peza de la dourada que significa cría de ovellas. O lema Powys Paradwys Cymru significa Powys, Paraíso de Gales en galés.http://www.ngw.nl/int/gbr/p/powys.htm

Comercio Desde o decembro de 2007, o condado ten un Selo de comercio xusto.

Comunidades

1000 habitantes ou máis miniatura|Llandrindod Wells é a quinta localidade máis grande de Powys, pero é a capital. miniatura|Castelo de Powys miniatura|Esta pedra na vila de Cilmeri é un monumento a Llywelyn o Último (último rei do Gales independente).

Y Drenewidd (Newtown) e Llanllwchaiarn: 10.783 Ystradgynlais: 8.023 Brecon: 7.901 Welshpool: 6.269 Llandrindod Wells (capital): 5.024 Knighton: 3.043 Llanidloes: 2.807 Presteigne: 2.463 Builth Wells: 2.352 Machynlleth: 2.147 Rhayader: 2.075 Kerry: 1.922 Churchstoke: 1.571 Caersws: 1.526 Berriew: 1.306 Montgomery: 1.256 Glantwymyn: 1.106 Menos que 1000 habitantes Glasbury: 902 Bronllys: 816 Old Radnor: 741 Beguildy: 704 Clyro: 688 Carno: 646 Aberhafesp: 438 Cilmeri: 438 Bettws: 425 Gladestry: 419 New Radnor: 410 Erwood: 401 Dubhonw: 300 Abbey Cwmhir: 246 Aberedw: 219

Localidades con poboación (ano 2016)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Powys Heritage Powys Web Links Turismo en Powys

Categoría:Xeografía de Gales