Emilio Comesaña Sobreira, nado en Vigo cara a 1887 e finado en Vincios (Gondomar) o 6 de outubro de 1936, foi un carpinteiro e político galego.
Traxectoria Veciño de Alcabre, era membro da Sociedad de Agricultores y Ganaderos de Alcabre, que en novembro de 1934 se constituíu como sindicato agrario, sendo elixido José Comesaña como vicepresidente.El Tea, 24-11-1934, p. 1. No verán de 1936 era o presidente do sindicato. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 xunto con outros membros da directiva da sociedade, os seus primos Antonio e José Comesaña Pérez, e Fernando Costas Iglesias, foron ao cuartel da Garda Civil de Bouzas a pedir armas para opoñerse ao golpe, e non llas entregaron. O 30 de setembro foron detidos. Foron encerrados no frontón da rúa María Berdiales, de onde os sacou Francisco González Rodríguez o 6 de outubro para asasinalos. O seu cadáver apareceu en Vichicáns, na Volta da Matanza (Vincios, Gondomar), xunto cos de Fernando Costas e Manuel Enrique Villar Cimadevila.
Vida persoal Casou con Aurora Fernández e foi pai de Aurora, Argentina, Carmen, Sara, Emilio, José e Manuel Comesaña Fernández.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas A Volta da Matanza
La lucha contra el olvido de los mártires de Alcabre
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1887 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Carpinteiros