miniatura|210px|Paranebalia sp A dos nebaliáceos (Nebaliacea) é unha suborde de crustáceos da clase dos malacostráceos, subclase dos filocáridos, a única da orde dos leptostráceos.Nebaliacea </small>Calman, 1904</small> no WoRMS. Consultado o 7 de marzo de 2022.
Taxonomía Descrición A suborde foi descrita en 1904 polo zoólogo escocés, especialista en carcinoloxía, William Thomas Calman.
Etimoloxía O nome científico Nebaliacea está formado polo adición ao nome do seu xénero tipo, Nebalia, o sufixo -acea.Nebaliacea no Merriam-Webster Dicitionary. Este sufixo deriva do latín -āceus, -ācea, -āceum, formas que se utilizan na linguaxe científica para formar adxectivos denominativos, denotando "que aparenta", "que parece", "semellante a".Glare, P. G. W., editor (1983): Oxford Latin Dictionary. Oxford: Oxford University Press. ISBN 978-0-1995-8031-6.
Familias A suborde comprende tres familias: Nebaliidae </small>Samouelle, 1819</small> (en galego, nebalíidos) Nebaliopsididae </small>Hessler, 1984</small> (en galego, nebaliopsidídos) Paranebaliidae </small>Walker-Smith & Poore, 2001</small> (en galego, paranebalíidos)
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Malacostráceos Filocáridos Leptostráceos
Categoría:Malacostráceos