miniatura|250px|Collecting and Preserving Exotic Insects. George Samouelle, nado contra 1790 e finado en 1846, foi un conservador do Museo de Historia Natural de Londres e entomólogo e malacólogo británico.

Traxectoria George Samouelle, empregado como libreiro para Longman & Co, ingresou no Museo de Historia Natural, a pesar de "non ter ningunha aptitude científica", ao mesmo tempo que William Elford Leach.David M. Damkaer (2002): "Interrogating nature". En: The Copepodologist's Cabinet: A Biographical and Bibliographical History, Volume 1. Memoirs of the American Philosophical Society, Volume 240. American Philosophical Society. ISBN 978-0-8716-9240-5, pp. 156–174.

Parece que Leach axudou moito a Samouelle, e Bate e Westwood afirmaron que "o doutor Leach é a principal autoridade para o traballo de Samouelle". Cando Leach deixou o museo, Samouelle asumiu o seu cargo, pero "parecía incapaz de traballar independentemente".

Vinte anos despois, en 1840, despois de descoidar o seu traballo, beber, insultar aos seus superiores e, nunha ocasión, quitarlle as etiquetas aos exemplares de Adam White, Samouelle foi despedido.

Morreu algo menos de cinco anos despois.

Samouelle interesouse principalmente polos lepidópteros, pero tamén escribiu A nomenclature of British Entomology, ou un catálogo con máis de 4000 especies das clases dos crustáceos, miriápodos, arañas, ácaro e insectos etc., ordenados alfabeticamente. Neste traballo describiu novos xéneros e noutros varias ordes de insectos.

Samouelle foi un dos membros fundadores do Entomological Club en 1826, xunto con Abraham Davies, Samuel Henson e Edward Newman.<ref>Samouelle, George en coleoptera.org.uk.</ref>The Entomological Club. History en entomologicalclub.org.

Abreviatura A abreviatura Samouelle emprégase para recoñecer a George Samouelle como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Salmon, Michael A., Marren, Peter & Harley, Basil (2000): "George Samouelle (c. 1790–1846)". En: The Aurelian Legacy: British Butterflies and their Collectors''. Berkeley, California: University of California Press. ISBN 978-0-520-22963-1, pp. 137–138.

Categoría:Científicos do Reino Unido Categoría:Zoólogos do Reino Unido Categoría:Museo Británico Categoría:Finados en 1846