Tselina-2 (índice GRAU 11F644) foi unha serie de satélites de recoñecemento electrónico da Unión Soviética en primeiro lugar e despois de Rusia.
Características Os satélites Tselina-2 foron os substitutos dos Tselina-D como satélites de recoñecemento electrónico. Eran capaces de detectar un maior rango de frecuencias e levaban a bordo equipamento para calcular a posición de emisores fixos na superficie. Os satélites foron lanzados principalmente por foguetes Zenit 2, aínda que as dúas primeiras unidades voaron a bordo de foguetes Proton K/DM-2. Os datos dos Tselina-2 eran enviados a satélites de comunicacións en órbita xeoestacionaria e de aí a estacións en terra.
Tiñan unha masa de 3200 kg e eran inxectados en órbitas de 850 x 850 km con inclinacións orbitais típicas de 71º. Estabilizábanse nos tres eixos coa axuda dun mastro para gradente gravitatorio e ían ser substituídos polos satélites Lotos-S. Lanzáronse 23 Tselina-2 entre 1984 e 2007 desde o cosmódromo de Baikonur, con catro fallos.
Historial de lanzamentos
MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasTselina-2 1 28 de setembro de 1984 Proton-K Blok-DM-2 ÉxitoTselina-2 2 30 de maio de 1985 Proton-K Blok-DM-2 ÉxitoTselina-2 3 28 de decembro de 1985 Zenit-2 Fallo parcialTselina-2 4 13 de maio de 1987 Zenit-2 ÉxitoTselina-2 5 15 de maio de 1988 Zenit-2 ÉxitoTselina-2 6 23 de novembro de 1988 Zenit-2 ÉxitoTselina-2 7 22 de maio de 1990 Zenit-2 ÉxitoTselina-2 8 4 de outubro de 1990 Zenit-2 FalloTselina-2 9 30 de agosto de 1991 Zenit-2 FalloTselina-2 10 5 de febreiro de 1992 Zenit-2 FalloTselina-2 11 17 de novembro de 1992 Zenit-2 ÉxitoTselina-2 12 25 de decembro de 1992 Zenit-2 ÉxitoTselina-2 13 26 de marzo de 1993 Zenit-2 ÉxitoTselina-2 14 16 de setembro de 1993 Zenit-2 ÉxitoTselina-2 15 23 de abril de 1994 Zenit-2 ÉxitoTselina-2 16 24 de novembro de 1994 Zenit-2 ÉxitoTselina-2 17 31 de outubro de 1995 Zenit-2 ÉxitoTselina-2 18 4 de setembro de 1996 Zenit-2 ÉxitoTselina-2 19 20 de maio de 1997 Zenit-2 FalloTselina-2 20 28 de xullo de 1998 Zenit-2 ÉxitoTselina-2 21 3 de febreiro de 2000 Zenit-2 ÉxitoTselina-2 22 10 de xuño de 2004 Zenit-2 ÉxitoTselina-2 23 29 de xuño de 2007 Zenit-2MÉxito
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Proton K/DM-2 Zenit-2 Zenit-2M Tselina-D Tselina-O Tselina-R
Categoría:Satélites artificiais