Arantxa Tapia Otaegi nada en Astigarraga, Guipúscoa o 24 de setembro de 1963, é unha enxeñeira industrial e profesora vasca. Iniciou a súa carreira política en 2005 e é membro do PNV.Ficha do Congreso Dende 2020 a 2024 foi Conselleira de Desenvolvemento Económico, Sostibilidade e Medio Ambiente no Goberno Vasco.
Traxectoria
Formación e carreira profesional María Arantxa Tapia Otaegi naceu en 1963 na localidade de Astigarraga, Guipúscoa. É doutora en enxeñaría industrial pola Universidade de Navarra e entregou a maior parte da súa vida profesional á docencia e a investigación no seo da universidade. É catedrática do departamento de enxeñaría de sistemas e automática na Universidade do País Vasco. Desde abril de 2002 ata xullo de 2005 foi directora da Escola Universitaria Politécnica de San Sebastián, a cal tamén pertence á Universidade do País Vasco. La Escuela de Ingeniería Técnica Industrial cambia de nombre y de sede en San Sebastián El País, 21 de octubre de 2003. Na súa carreira de investigación participou en múltiples proxectos financiados por institucións públicas e empresas privadas como: Iberdrola, ICS, Rodisa, AHV ou Giroa.
En 2005 pasouse á política deixando parcialmente abandonados os seus labores docentes e universitarios, porén continuou como profesora asociada a tempo parcial na Escola Universitaria Politécnica. Máis adiante, coa vida política máis estabilizada, en 2011 entre xullo e novembro volveu á universidade para ser coordinadora de estudos universitarios do departamento de Enxeñaría de Sistemas e Automatización.
Carreira política Arantxa Tapia apareceu na política en xullo de 2005 cando foi nomeada viceconselleira de Transportes e Obras Públicas do Goberno Vasco. Esta consellería estaba dirixida por Nuria López de Guereñu, do Partido Nacionalista Vasco (PNV).
Tras dous anos no cargo citado foi nomeada deputada de Mobilidade e Ordenación do Territorio no gabinete de Markel Olano da Deputación Foral de Guipúscoa en xullo de 2007. Foi deputada durante 4 anos, ata setembro de 2011, ano en que o PNV perdeu as eleccións forais. Porén, en devanditas eleccións foi elixida como xunteira nas Xuntas Xerais de Guipúscoa polo PNV.
En novembro de 2011 o PNV colocouna como cabeza de lista pola circunscrición electoral de Guipúscoa nas eleccións xerais. O partido obtivo o 22,40% dos votos e Tapia volveu ser elixida deputada.
O 17 de decembro de 2012 incorporouse ao Goberno Vasco dirixido polo Lehendakari Iñigo Urkullu, para o que dous días antes tivo que abandonar o seu escano nas Cortes Xerais. A continuación pasou a ocupar o cargo de Conselleira de Desenvolvemento Económico e Competitividade do Goberno Vasco, no que se mantivo ata novembro de 2016. O 28 de novembro de 2016 foi nomeada conselleira de Desenvolvemento Económico e Infraestruturas no executivo presidido por Iñigo Urkullu, cargo que ocupou ata setembro de 2020.
O 8 de setembro de 2020 asumiu a consellería de Desenvolvemento Económico, Sostibilidade e Medio Ambiente do Goberno vasco presidido de novo polo Lehendakari Iñigo Urkullu durante a XII lexislatura autonómica.
Vida persoal Está casada con Julián Flórez, doutor enxeñeiro industrial, xuntos residen en Zumaia. Ambos destacan por impulsar e defender a presenza do éuscaro no ámbito da enxeñaría e a universidade.|
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha no Goberno Vasco Ficha nas Xuntas Xerais de Guipúscoa Ficha no Congreso dos Deputados Ficha no Parlamento Vasco Entrevista a Arantxa Tapia costes energéticos 2022 Entrevista a Arantxa Tapia (podcast): Recuperación post pandemia
Categoría:Nados en Astigarraga Categoría:Conselleiros do Goberno Vasco Categoría:Políticos do PNV Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (X Lexislatura) Categoría:Alumnos da Universidade de Navarra Categoría:Nados en 1963 Categoría:Enxeñeiros de España Categoría:Catedráticos da Universidade do País Vasco