Judith Sutz Vaisman, nada en Montevideo o 16 de decembro de 1946, é unha enxeñeira eléctrica e profesora uruguaia, investigadora da Universidade da República e, desde 1992, é Coordinadora da Unidade Académica da Comisión Sectorial de Investigación Científica (CSIC). Ten un máster en Planificación do Desenvolvemento pola Universidade Central de Venezuela e é Doutora en Socioeconomía do Desenvolvemento pola Universidade da Sorbona.Judith Sutz en autores.uy
Traxectoria En 1977 licenciouse como enxeñeira electricistaDenominación da títulación nesta universidade. Ver na Universidade Central de Venezuela. Continuou estudando na mesma Universidade, egresando co máster en Planificación de Desenvolvemento, con mención en Ciencia e Tecnoloxía.
En 1984 defendeu a tese doutoral Informatique et Societé: quelques réflexions à partir du Tiers Monde, realizada no curso de doutoramento "Socio Economía do Desenvolvemento: Mención Economía"*, na Universidade da Sorbona.
É investigadora grao 5 da Universidade da República. Desde 1992 é coordinadora da Unidade Académica da Comisión Sectorial de Investigación Científica (CSIC).
É Nivel III do Sistema Nacional de Investigación e integrante da Academia Nacional de Ciencias do Uruguai. Participou na Organización de Estados Iberoaméricanos como experta/consultora e na Rede Iberoamericana de Indicadores de Ciencia e Tecnoloxía. Tamén foi membro da World Academy of Arts and Sciences, dos consellos editoriais da Revista Iberoamericana de Ciencia, Tecnologia y Sociedad e de Research Policy.
É investigadora no campo da Ciencia, Tecnoloxía, Sociedade e Desenvolvemento. Especializouse no estudo das problemáticas do desenvolvemento e subdesenvolvemento a partir das interrelacións entre ciencia, tecnoloxía e sociedade. Tamén investiga acerca dos problemas asociados coa produción e o uso social do coñecemento, fomentando a interdisciplina no campo das Ciencias Sociais. As especificidades da “innovación no Sur”, o concepto de “universidade para o desenvolvemento”, a importancia das “divisorias da aprendizaxe” máis aló das diversas fendas tecnolóxicas, a proposta de pensar as “políticas de innovación como políticas sociais”, constitúen enfoques e conceptos integrados hoxe en vertentes da literatura internacional sobre innovación e desenvolvemento.
Obras Algunhas das publicacións máis recentes son:
Notas
Referencias
Véxase tamén Ligazóns externas
Entrevista a Judith Sutz, How can we better adapt research in a way that more effectively addresses problems associated with the communities and societies of developing nations?. Conferencia CTI para un desenvolvemento inclusivo ditada por Judith Sutz.
Categoría:Alumnos da Universidade Central de Venezuela Categoría:Enxeñeiros eléctricos Categoría:Enxeñeiros do Uruguai Categoría:Alumnos da Universidade de París-Sorbona Categoría:Profesores da Universidade da República Categoría:Nados en Montevideo Categoría:Nados en 1946