John Richardson, nado en 1740 ou 1741, e finado en 1795, foi un orientalista e lingüista británico.

Traxectoria Richardson foi membro da FAS (Real Sociedade Asiática) no Wadham College de Oxford. Foi o autor do primeiro dicionario persa-árabe-inglés publicado entre 1778 e 1780.Clarke, John (1806): The Bibliographical Miscellany; Or, Supplement to the Bibliographical, pp. 276-277.

O seu traballo sobre a gramática persa, escrito en colaboración con Sir William Jones, foi destacado como un dos primeiros traballos sobre este tema, e segue sendo significativo no contexto desa filoloxía básica, da que continuaron todos os estudos gramaticais posteriores da lingua persa.Lieber, Francis et al. (1835): "Persian Language, Literature and Religion". Na Encyclopædia Americana, Vol X, p. 39.

A erudita recompilación de Richardson organizouse nun formato similar ao Thesaurus Linguarum Orientalis, Turcicæ, Arabicæ, Persicæ de Mesgnien-Meninski (1680).

Cada libro do conxunto de dous volumes vendíase por separado. Vendéronse moitos máis da primeira parte (o volume persa-árabe-inglés) que a segunda parte (o volume inglés-persa-árabe).

O innovador conxunto de estudos de Richardson foi difundido máis amplamente nas varias versións revisadas do dicionario de Charles Wilkins.Zenker, J. Th. (1846): Bibliotheca orientalis: Manuel de bibliographie orientale, p. 13.

Os traballos posteriores dos filólogos do século XIX Francis Johnson, Francis Joseph Steingass e outros aseguraron que o nome de Richardson seguise sendo ben coñecido como orientalista e como erudito.

Algunhas obras A reputación de Richardson foi puída polo traballo de lexicógrafos posteriores que revisaron e ampliaron a súa obra.

Richardson, John (1777): A Dictionary, Persian, Arabic, and English. Oxford: Clarendon Press. Rousseau, Samuel, William Jones, Ḥāfiẓ, e John Richardson (1805): The Flowers of Persian Literature: Containing Extracts from the Most Celebrated Authors, in Prose and Verse; with a Translation into English: Being Intended as a Companion to Sir William Jones's Persian Grammar, to which is Prefixed an Essay on the Language and Literature of Persia] e [https://www.worldcat.org/title/flowers-of-persian-literature-and-a-specimen-of-persian-poetry-or-odes-of-hafez/oclc/29332319 A specimen of Persian poetry or Odes of Hafez. Londres: S. Rousseau. Wilkens, Charles, ed. (1810): A Vocabulary Persian, Arabic, and English; Abridged from the Quarto Edition of Richardson's Dictionary. Londres: F. & C. Rivingson. Johnson, Francis, ed. (1852): A Dictionary, Persian, Arabic, and English. Londres: W. H. Allen. Steingass, Francis Joseph, ed. (1892): A Comprehensive Persian-English Dictionary: Including the Arabic Words and Phrases to be Met with in Persian Literature, being Johnson and Richardson's Persian, Arabic, and English Dictionary Revised, Enlarged. Londres: Crosby Lockwood & Son.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Clarke, Adam. (1806): The Bibliographical Miscellany; Or, Supplement to the Bibliographical Dictionary. London. W: Baynes. Lieber, Francis, E. Wigglesworth & Thomas Gamaliel Bradford (1835): "Persian Language, Literature and Religion", Encyclopædia Americana, Vol X. Philadelphia: Desilver, Thomas & Co. Zenker, J. Th. (1846). Bibliotheca orientalis: Manuel de bibliographie orientale. Leipzig: Guillaume Engelmann.

Ligazóns externas Obras de John Richardson en Internet Archive. Obras de John Richardson en LibriVox.

Categoría:Lingüistas do Reino Unido Categoría:Filólogos do Reino Unido Categoría:Orientalistas Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 1795