O Mikoyan MiG-35 (ruso: Микоян МиГ-35; designación OTAN: Fulcrum-F) é un caza multirrol ruso deseñado por Mikoyan, unha división de United Aircraft Corporation (UAC). Comercializado como un caza de xeración 4++, é un desenvolvemento dos cazas MiG-29M/M2 e MiG-29K/KUB. Segundo fontes da industria da defensa rusa o Mikoyan MiG-35 é esencialmente unha variante mellorada do MiG-29KR. Moitos consideran MiG-35 un novo nome dado por Mikoyan para a súa comecialización. O primeiro prototipo foi unha modificación do demostrador MiG-29M2 e que recibiu o nome temporal de MiG-35, pero un prototipo posterior era un modelo diferente con equipamento distinto que serviu como base para o MiG-35 actual. Mikoyan presentou oficialmente o MiG-35 ao público internacional durante o festoval aéreo de Moscova de 2017; os primeiros dous exemplares de produción entraron en servizo no ano 2019.
A versión monopraza desígnase MiG-35S e a bipraza MiG-35UB. O caza ten aviónicas e un sistema de armas moi mellorados en comparación coas prmeiras variantes do MiG-29, destacando unha nova capacidade de guiado ao obxectivo de precisión e o sistema de localización óptica de deseño exclusivo, que libera á aeronave de depender de sistemas de intercepción controlados dende terra e permítelle realizar misións multirrol independentes. O avión de serie usa un radar PESA e tamén existe a opción de instalar un radar AESA. Os avións de serie non teñen un control vectorial de pulo como se planeara anteriormente.
Notas
Categoría:Aeronaves de Mikoyan Categoría:Cazas Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 2016 Categoría:Cazas a reacción de cuarta xeración