O Common Wealth Party foi un partido político do Reino Unido da década de 1940.

Nome Common Wealth Party significa en galego Partido pola Riqueza Común. A palabra commonwealth era usada en inglés como sinónimo de "ben común". Segundo o dicionario Barclay do s. XVIII: unha forma regular de goberno ou organización política, establecida de común acordo; unha forma de goberno na que o poder supremo se aloxa no pobo; unha república; unha democracia.

O termo era xa historicamente usado para se referir a un período da historia inglesa a mediados do século XVII, e desde 1931 á Commonwealth de Nacións, unha asociación de Estados soberanos formado polo Reino Unido e antigas colonias británicas.

Historia

Fundación Creado o 26 de xullo de 1941, foi cofundado por Tom Wintringham e maioritariamente por antigos militantes do Partido Laborista como Richard Acland, Vernon Bartlett e J. B. Priestley.

Ideoloxía A formación tiña a súa orixe no chamado Comité de 1941 e eran contrarios á paz asinada polas distintas formacións con ocasión da segunda guerra mundial. Aplicaron os tres principios básicos que consideraban necesarios para unha política socialista: propiedade común da terra, democracia vital e moralidade na política.

Eleccións Na primeira ocasión que se presentou a unhas eleccións xerais, obtivo escanos por Eddisbury, Skipton e Chelmsford, restándollos ao Partido Conservador. No entanto, nas eleccións de 1945 só venceron en Chelmsord. Finalmente o partido foi disolto e a maioría dos seus membros integráronse no Partido Laborista.

Notas

Categoría:Partidos socialistas democráticos Categoría:Partidos políticos do Reino Unido

Véxase tamén

Ligazóns externas

Common Wealth Information Bulletin. The Health Services. Publicación oficial do CWP en JSTOR. Spartacus no Common Wealth Party Arquivos do Common Wealth na University of Sussex Vídeo da campaña politica do CWP