Francisco López Silva, Paquito, nado no Cabo da Cruz (Boiro) en 1932 e finado en Boiro o 25 de febreiro de 2023Fallece Francisco López Silva, Paquito, el primer alcalde boirense de la democracia, foi un político e empresario galego.

Traxectoria Fundou en 1947 a empresa de conxelados Paquito SL. Foi nomeado alcalde de Boiro en 1975. Encabezou a candidatura de UCD nas primeiras eleccións democráticas e foi elixido alcalde con maioría simple. Foi de novo candidato á alcaldía nas municipais de 1983, nesta ocasión polo Partido Gallego Independiente, conseguindo de novo maioría simple pero perdendo a alcaldía en favor do socialista Manuel Velo Velo, que recibiu o apoio de AP e unha candidatura comunista.

Notas

Vida persoal Casou con Dolores Outeiral Becerra e tiveron 7 fillos, entre eles Manuel López Outeiral, deputado autonómico e concelleiro en Boiro polo PPdeG.

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Boiro

Ligazóns externas Manifestación en Boiro en apoyo al ex-alcalde Francisco López Silva en La Voz de Galicia Entrevista ó seu fillo en ''El Correo Gallego

Categoría:Alcaldes de Boiro Categoría:Alcaldes de Galicia pola UCD Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en Boiro Categoría:Nados en 1932 Categoría:Finados en 2023