Mikhail Vladislavovich Tiurin, nado en Kolomna (Rusia) o 2 de marzo de 1960, é un cosmonauta ruso que formou parte das misións STS-105, STS-108, Soiuz TMA-9 e Soiuz TMA-11M e foi membro das expedicións 3, 14, 38 e 39 á Estación Espacial Internacional.
Traxectoria Tiurin graduouse como enxeñeiro con especialización en modelos matemáticos aplicados á mecánica de voo polo Instituto de Aviación de Moscova en 1984. Traballou na corporación Energia como enxeñeiro ata ser selecccionado como cosmonauta en 1993. Participou como nas misións STS-105, STS-108, Soiuz TMA-9 e Soiuz TMA-11M, sendo membro das expedicións 3, 14, 38 e 39 á Estación Espacial Internacional e pasando 532,12 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-105 STS-108 Soiuz TMA-9 Soiuz TMA-11M Expedición 3 Expedición 14 Expedición 38 Expedición 39 Estación Espacial Internacional
Categoría:Astronautas de Rusia Categoría:Nados en 1960 Categoría:Nados no óblast de Moscova