Stenodus nelma é unha especie de peixe osteíctio da familia dos salmónidos, subfamilia dos coregoninos, unha das dúas comprendidos no xénero Stenodus.Stenodus nelma (Pallas, 1773) no WoRMS. Consultado o 15 de marzo de 2022.Stenodus nelma (Pallas, 1773) no GBIF. Consultado o 15 de marzo de 2022.Stenodus nelma (Pallas, 1773) na BioLib. Consultada o 15 de marzo de 2022.
Taxonomía Descrición A eslopecie foi descrita en 1773 polo médico, zoólogo e botánico alemán, que traballou en Rusia, Peter Simon Pallas, baixo o nome de Salmo nelma.
Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñecuese tamén polos sinónimos: Salmo nelma Pallas, 1773 (protónimo) Stenodus leucichthys nelma (Pallas, 1773)
Nota taxonómica Stenodus nelma foi considerada anteriormente como unha subespecie de Stenodus leucichthys (Stenodus leucichthys nelma). Stenodus leucichthys é unha especie eurasiática restrinxida á conca do mar Caspio, e hoxe extinta en estado salvaxe, pero que continúa viva en catividade.Belyaeva, E. S.: "Stenodus leucichthys leucichthys" en caspianenvironment.org. Arquivada desde o orixinal o 3 de xullo de 2013. Consultada o 15 de marzo de 2022.
Distribución Stenodus nelma é unha especie de peixe anádromo que está moi estendida nos ríos árticos, desde a península de Kola (conca do mar Branco) cara ao leste a través de Siberia até o río Anádyr, e tamén nas concas norteamericanas dos ríos Yukón e Mackenzie, pero as súas poboacións están diminuíndo nalgúnhas destas zonas pola sobrepesca (é unha especie comercial) e a polución.
Bioloxía Stenodus nelma habita na zona peláxica do mar con salinidade de até 20 ppt. Vive en ríos grandes e lagos das terras baixas. Prefire augas frías con temperaturas inferiores aos 16 °C. Aliméntase e inverna nos tramos máis baixos dos grandes ríos, deltas, rías e mar, ás veces lonxe da costa. Anádromo ou semianádromo, emprende a migración para desovar nos ríos, movéndose río arriba até longas distancias. As poboacións dos lagos migran cara aos afluentes. Os xuvenís depredan pequenos crustáceos, larvas de insectos e peixes pequenos, pasando a ser exclusivamente piscívoros cando alcanzan uns 30 cm de lomxituide. Aliméntase activamente de todos os peixes dispoñíbeis. A desova ten lugar en augas pouco profundas (de 2 a 3 m) con fondos de area e grava.
Ameazas A especie está localmente ameazada pola sobrepesca e a contaminación.
Estado de conservación A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, considerando que é unha especie moi estendida, e aínda que as poboacións nos ríos europeos e siberianos están a diminuír debido á sobrepesca e á contaminación, pero non a un ritmo que permita cualificar a especie como ameazada ou case ameazada, polo que cualifica o seu staus como LC (pouco peocupante).Freyhof, J. & Kottelat, M. (2008). Stenodus nelma na Lista vermella da UICN. Versión 2021-3. Consultada o 15 de marzo de 2021.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Froese, Rainer & Pauly, Daniel, eds. (2013): "Stenodus nelma" en FishBase. Kottelat, M. & Freyhof, J. (2007): Handbook of European Freshwater Fishes. Cornol, Xura, Suíza: Publications Kottelat. ISBN 978-2-8399-0298-4. Nelson, J. (2006): Fishes of the World, 4ª edición. Nova York: John Wiley and Sons. ISBN 978-0-4712-5031-9.
Outros artigos Salmoniformes Salmónidos Coregoninos Stenodus
Categoría:Salmónidos