John Stewart Davenport, nado en Buffalo o 12 de maio de 1907 e finado en Mount Dora, Florida, o 14 de xuño de 2001,"John S Davenport (1907-2001)". Ancientfaces.comSmith, P. (2012). Páxina 92. foi un numismático e profesor estadounidense, coñecido polas súas catalogacións dos táleros alemáns e outras moedas de prata de tamaño similar emitidas en todo o mundo."Davenport, John S. (John Stewart), 1907-2001". American Numismatic Society.
Traxectoria
Formación e vida académica John Stewart Davenport cursou os seus estudos superiores na Universidade Cornell, onde se licenciou en 1928, e o ano seguinte obtivo o grao de mestrado na Universidade Harvard. En 1934 acadou o seu doutoramento na Universidade de Carolina do Norte."John S. Davenport papers, 1954-1996 ". American Numismatic Society.Alexander, D. (2014) .
Logo da súa graduación, entre 1929 e 1931 exerceu como profesor de Literatura inglesa na Universidade Carnegie Mellon, de Pittsburg, entre 1931 e 1945 na Universidade de Tennesee,Smith, P. (2012). Páxina 93. e a partir de 1945 no Knox College, en Galesburg, Illinois.
En 1972 xubilouse da súa carreira docente e trasladouse a residir en Coral Gables, Florida.
Carreira numismática Davenport comezou a coleccionar moedas en 1921 e focalizou o seu interese nas emisións de moeda de prata de gran tamaño. Ante a escaseza de literatura sobre este asunto en inglés, comezou a publicar catalogacións parciais na década de 1940 en revistas especializadas, como The Numismatist ou a Numismatic Scrapbook Magazine.
En 1947 publicou o seu primeiro traballo monográfico sobre estas emisións en Europa (excepto as alemás) a partir do ano 1800, que denominou xenericamente co termo "coroas" (crowns), aínda que na propia obra admite que tal denominación ten algo de arbitrario. Con este termo non se limita á coroa británica, senón que se refire a todas as moedas europeas de prata dun tamaño similar á coroa e ao tálero dos territorios xermanos. A partir desta publicación, Davenport continuou ampliando o seu traballo a outras épocas e a outras rexións do mundo durante toda a súa vida, ata ben entrada a súa ancianidade
Nas súas obras, Davenport estableceu a primeira numeración global que abrangue practicamente todas as emisións mundiais coñecidas deste tipo de moedas, que inclúe 10.063 referencias asignadas aos táleros e 8.899 a outras moedas de similar tamaño.
John S. Davenport mantivo correspondencia con moitos numismáticos estadounidenses e europeos do seu tempo, como Hendrik Enno van Gelder, Bernhard Koch, Richard S. Yeoman, Friedrich Wilandt, Gert Hatz e Otto Mørkholm, entre outros. Gran parte desta correspondencia e outros arquivos coa súa documentación numismática está custodiada pola American Numismatic Society, de Nova York.
Entre outras institucións de carácter asociativo e académico, Davenport foi membro fundador do Club da Moeda de Miami e membro honorario vitalicio do Gremio Literario Numismático (NLG). Así mesmo, foi membro da membro da Comisión de Ensaios dos Estados Unidos.
A súa afección ao tabaco ao longo de gran parte da súa vida fixo que nos seus derradeiros anos precisase un dispositivo e fala farínxea para se comunicar. John Stewart Davenport finou en Mount Dora, Florida, o 14 de xuño de 2001.
Recoñecementos
(1955): Medalla ao Mérito, da American Numismatic Association."ANA Past Award Recipients". American Numismatic Association. (1967): Premio Farran Zerbe Memorial, da American Numismatic Association. (1988): Ingreso no Hall of Fame da American Numismatic Association."Past Hall of Fame inductees by year". American Numismatic Association. (1999): Medalla Huntington, da American Numismatic Society."Recipients of the Huntington Medal Award ". American Numismatic Society.
Publicacións Esta é unha escolma dos traballos monográficos publicados por John S. Davenport ao longo da súa carreira, centrados nas emisións de moeda de prata do tamaño dos táleros ou similar en todo o mundo:"Davenport, John Stewart 1907-". WorldCat Identities.
Numismática alemá
(1949). German Talers since 1800. Galesburg Ill. (1956). Oversize Multiple Talers of the Brunswick Duchies and Saxe-Lauenburg. J. S. Davenport. (1958). German Talers 1700-1800. Hewitt, Chicago. (1965). German Talers 1700-1800. Spink, Londres. (1967). German Church and City Talers 1600-1700. Galesburg Ill. (1976). German Secular Talers 1600-1700. Schulten, Frankfurt. (1979). German Talers 1500-1600. Schulten, Frankfurt. (1988). The Coinage of the Ernestine and Minor Albertine Saxon Dutchies. J. S. Davenport. (1992). Silver Gulden 1559-1763. Neuwied Anhut.
Numismática europea
(1947). European Crowns since 1800, excluding the German states. Foster & Steward, Buffalo. (1961). European Crowns 1700-1800. Galesburg Ill. (1964). European Crowns and Talers since 1800. Spink, Londres. (1966). East Baltic regional coinage A.D. 1425-1581. Numismatics International, Dallas. ISBN 978-1889172200 (1974). European Crowns 1600-1700. Hewitt, Chicago. (1977). European Crowns 1484-1600. Schulten, Frankfurt.
Outros
(1959). The silver dollars of Africa. A type catalogue of the silver dollar size coins of Africa. Whitman, Racine. (1969). The dollars of Africa, Asia, & Oceania. Galesburg Ill. (1972). Larger size silver coins of the world (con T. Søndergaard). Galesburg Ill.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Alexander, D. T. (2014). A Crown and Taler Man, Reflections on Dr. John S. Davenport . En Coin Week. 2 de outubro. Smith, P. (2012). "Davenport, John Stewart". En American Numismatic Biographies. Páxinas 92-93.
Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 2001 Categoría:Nados en Buffalo, Nova York Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Membros da Comisión de Ensaios dos Estados Unidos Categoría:Galardoados coa medalla Huntington Categoría:Alumnos da Universidade Cornell Categoría:Alumnos da Universidade Harvard Categoría:Alumnos da Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill Categoría:Profesores da Universidade de Tennessee Categoría:Profesores da Universidade Carnegie Mellon Categoría:Coleccionistas Categoría:Personalidades sen imaxes