Against the Ice é un filme dinamarqués-islandés de 2022 dirixido por Peter Flinth e escrito por Nikolaj Coster-Waldau e Joe Derrick. Baséase na historia real do capitán Ejnar Mikkelsen, quen escribiu a obra Two Against the Ice. Está protagonizado por Coster-Waldau, Joe Cole, Charles Dance e Heida Reed. O filme foi rodado en Islandia e Groenlandia. Against the Ice estreouse na 72ª edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín o 15 de febreiro de 2022. Estreouse a través de Netflix o 2 de marzo de 2022, e recibiu valoracións dispares por parte da crítica.

Personaxes Nikolaj Coster-Waldau como Capitán Ejnar Mikkelsen Joe Cole como Iver Iversen Charles Dance como Ministro Neergaard Heida Reed como Naja Holm

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Dinamarca Categoría:Filmes de Islandia Categoría:Filmes dirixidos por Peter Flinth Categoría:Filmes rodados en Islandia Categoría:Filmes rodados en Groenlandia Categoría:Filmes ambientados en 1909