Dólar Sacagawea "Sacagawea Golden Dollar Coin ". United States Mint."1 Dollar "Sacagawea Dollar"". Numista.com 140x140pxA/: busto de Sacagawea cun neno. Lendas: LIBERTY / IN GOD WE TRUST. Data e marca de ceca.R/: aguia en voo. Lendas: UNITED STATES OF AMERICA / E PLURIBUS UNUM / ONE DOLLAR. Valor: 1 dólar. Gravador: A/: Glenna Goodacre. R/: Thomas D. Rogers (ata 2008). Data do deseño: 2000. Datas de emisión: 2000-2008 (e en adiante con reversos diferentes). Ceca: US Mint (cecas de Filadelfia, Denver e San Francisco). Aliaxe: Núcleo: 100 % Cu. Baño: 77 % Cu, 12 % Zn, 7 % Mn e 4% Ni. Total: 88,5 % Cu, 6 % Zn, 3,5 % Mn e 2 % Ni Diámetro: 26,5mm. Peso: 8,1 g. Espesor: 2 mm. Canto: liso (só ata 2008).

O dólar Sacagawea é unha moeda dun dólar estadounidense introducida en 2000 e emitida ininterrompidamente ata 2008 co mesmo modelo. A partir de 2009 continuou cuñándose anualmente, mais con reversos diferentes en cada emisión, conmemorativos de diversos aspectos da cultura nativa americana.

O seu nome débese á figura do seu anverso, obra de Glenna Goodacre, que representa un busto de Sacagawea (1788-1812), unha muller shoshone coñecida por axudar na expedición de Lewis e Clark na Luisiana. O seu reverso inicial débeselle ao artista Thomas D. Rogers e está caracterizado pola figura dunha aguia en voo coas ás estendidas.

A súa cor dourada vénlle polo seu revestimento de latón de manganeso, sobre un núcleo de cobre, o que lle confire un aspecto característico.

A moeda foi introducida en substitución do dólar de Susan B. Anthony, que gozara de escasa popularidade entre o público, malia ter resultado útil para o seu uso nas máquinas expendedoras e no transporte público.

Logo do seu lanzamento, a Casa da Moeda dos Estados Unidos fixo unha intensa campaña de promoción da moeda, con publicidade en prensa, radio e televisión, e tamén a través de asociacións con marcas comerciais como Walmart e Cheerios. No entanto, o dólar Sacagawea tampouco foi merecedor da aceptación popular e a súa cuñaxe reduciuse drasticamente no segundo ano da súa produción. Entre 2007 e 2016 a súa emisión continuou en paralelo á da serie coñecida como "dólar presidencial". En 2012 a súa tiraxe reduciuse nun 90 %, en liña cunha produción similar dos dólares presidenciais, aínda menos populares, por mor das grandes reservas de moedas aínda non utilizadas de ambas as series.

A US Mint considerou tamén a posibilidade e cuñar o dólar Sacagawea en ouro de 22 quilates, para o coleccionismo e o investimento, e mesmo chegou a facer algunhas cuñaxes de proba. No entanto, desbotou axiña a idea logo de que se cuestionase a súa autoridade para realizar este tipo de emisións. Os escasos exemplares de ouro cuñados como proba son propiedade da Casa da Moeda dos EEUU.

O dólar Sacagawea foi galardoado en 2002 co Premio Moeda do Ano á moeda máis popular de 2000."Coin of the Year Awards". Numismaster.com

Antecedentes Dada a limitada circulación que tivera o Dólar Eisenhower, o derradeiro de tamaño grande, en 1977 decidírase a creación dunha moeda de menores dimensións, coa intención de que resultase máis útil para a poboación e se incrementase o seu uso. Neste sentido, o 26 de setembro de 1978, o Congreso aprobou a lei que prevía a cuñaxe do coñecido como dólar Susan B. Anthony, na honra desta sufraxista estadounidense. Mais estes novos dólares resultaron tamén impopulares, en parte pola similitude do seu tamaño e da súa cor cos das moedas dun cuarto de dólar. Dado o escaso interese que suscitou a nova moeda, a maioría dos exemplares cuñados acabou en depósito nas cámaras acoirazadas da Casa da Moeda e da Reserva Federal dos EEUU, e a súa cuñaxe cesou en 1981.Yeoman, R. S. (2013). Páxina 226.

miniatura|O senador por Minesota Rod Grams, introdutor do proxecto de lei no Senado para a creación do dólar Sacagawea.

Malia a súa impopularidade inicial, a mediados da década de 1990, as reservas de dólares Susan B. Anthony comezaron a minguar, debido fundamentalmente a que a moeda comezou a ser de uso habitual nas máquinas expendedoras —entre elas as máis de 9.000 máquinas de selos postais das oficinas de Correos dos EEUU—, e tamén nos sistemas de transporte público. A partir de 1997 presentáronse no Congreso e no Senado varios proxectos de lei coa intención de retomar a súa cuñaxe, para satisfacer a demanda que se ía creando. Mais o 21 de outubro dese mesmo ano, o representante republicano por Minnesota Rod Grams presentou un novo proxecto de lei no Senado no que se solicitaba a emisión dunha nova moeda dun dólar, cun novo deseño. O mesmo día, nunha sesión do Subcomité de Servizos Financeiros da Cámara de Representantes sobre política monetaria, os seus membros apoiaron a creación da nova moeda proposta por Grams e recomendaron que fose dunha cor diferente, dourada, e cun canto distintivo, para evitar a súa confusión coa moeda dun cuarto de dólar. Nesta sesión, Philip N. Diehl, daquela director da Casa da Moeda dos EEUU, calculou que cumprirían tres meses para comezar a produción da nova moeda dun dólar.Roach, S. (2010). "Wanted: New $1 Coins (As Long As They're Not Anthony Dollars)". En Coin World.8 de marzo. Páxinas 22-24.

O Senado aprobou a lexislación necesaria o 9 de novembro de 1997 e a Cámara de Representantes fixo o propio o 13 de novembro. O 1 de decembro, o presidente Bill Clinton asinou a lei que autorizaba o programa de cuñaxes conmemorativas dos 50 estados dos EEUU (Lei 105-124)."Public Law 105-124-Dec. 1, 1997". Govinfo.gov. A sección cuarta desta lei, titulada "Lei da moeda dun dólar dos EEUU de 1997", dispuña a cuñaxe dunha nova moeda dun dólar nestes termos: "A nova moeda dun dólar será de cor dourada, terá un canto distintivo e contará con características táctiles e visuais que fagan doadamente discernible o seu valor facial". A lei tamén autorizaba o secretario do Tesouro retomar a produción do dólar Susan B. Anthony en tanto que non se puidese comezar coa produción dos novos dólares; en total, cuñáronse máis de 41 millóns de dólares de Susan B. Anthony coa data de 1999.

Historia do deseño

Escolla do motivo miniatura|O representante por Delaware Michael Castle, defensor do motivo da Estatua da Liberdade para o novo dólar, no canto do busto de Sacagawea.

Aínda que a lei de 1997 esixía un cambio na aliaxe do novo dólar e tamén no seu canto, non determinaba os motivos que deberían aparecer no seu anverso e no seu reverso.

Para tomar esta decisión, o secretario do Tesouro, Robert Rubin, nomeou un comité asesor composto por nove membros. Rubin, que en virtude do seu cargo estaba autorizado para escoller os motivos da moeda,Roach, S. (2010). "Sacagawea Tops Statue of Liberty, Other Themes, for Design". En Coin World. 8 de marzo. Páxinas 76-79. especificou que esta debería ter unha representación feminina e non podería representar unha persoa viva."Treasury Establishes Dollar Coin Advisory Committee". United States Mint. 19 de maio de 1998. O comité, presidido por Philip N. Diehl —entre cuxas funcións non estaba a votación acerca dos deseños— reuniuse por vez primeira en Filadelfia en xuño de 1998 para debater acerca de 17 propostas presentadas polos seus membros e outras moitas suxestións populares chegadas por diversos medios. O 9 de xuño de 1998, o comité decidiu recomendar a figura de Sacagawea, unha muller shoshone coñecida por axudar na expedición de Lewis e Clark na Luisiana, como motivo principal da nova moeda dun dólar."Sacagawea Dollar Coin. The Historic Design Selection Process". En Asia Tech Journal. 31 de xullo de 2021.

Malia esta decisión do comité, o representante republicano por Delaware Michael Castle avogou por que se fose a Estatua da Liberdade o motivo principal dos novos dólares, baseándose nunha lexislación anterior. Nunha carta dirixida á Cámara de representantes, Castle expuña as súas obxeccións, afirmando que "o obxectivo ao crear unha nova moeda dun dólar é facela máis distintiva cun deseño popular que fomente o seu maior uso por parte da poboación". Entre o 18 e o 22 de novembro de 1998, a Oficina de Contabilidade Xeral levou a cabo unha enquisa, por encarga de Castle, para aclarar cal dos dous deseños tería unha maior aceptación popular. O resultado foi que o 65 % prefería a Estatua da Liberdade, fronte ao 27 % que prefería a Sacagawea.New Dollar Coin. Public Prefers Statue of Liberty Over Sacagawea. United States General Accounting Office. Washington, xaneiro de 1999. Malia todo, Sacagawea foi o motivo finalmente escollido como motivo principal dos novos dólares.

Deseño inicial (2000-2008) A partir de aí, enviáronse invitacións a 23 artistas cunhas directrices acerca do que debían representar os deseños. No anverso debíase amosar unha imaxe de Sacagawea e no reverso unha aguia como símbolo da paz e da liberdade. Outra directriz pedíalles aos artistas seren "sensibles á autenticidade cultural, tratando de evitar a representación dun rostro europeo clásico cun toucado nativo americano". En novembro e en decembro de 1998, a Casa da Moeda dos Estados Unidos convocou un grupo constituído por membros da comunidade indíxena, profesores, numismáticos, historiadores, membros do Congreso, funcionarios do Goberno e outras persoas para a revisión dos deseños propostos. Nun principio seleccionáronse seis deseños para o anverso e sete para o reverso, para os someter a unha consideración posterior.

Logo da elaboración de diversas enquisas e da creación de varios grupos de discusión, a US Mint seleccionou como finalistas tres deseños para o anverso e catro para o reverso. A Casa da Moeda recibiu arredor de 90.000 correos electrónicos en relación ao proceso de escolla do deseño. En resposta á gran cantidade de comentarios recibidos, Diehl declarou que Internet permitira "levar a cabo un programa de divulgación pública cun alcance sen precedentes para medir as opinións sobre os deseños". Os sete seleccionados foron enviados á Comisión de Belas Artes dos Estados Unidos, que elixiu como gañador para o anverso unha representación de Sacagawea co seu fillo pequeno, Jean Baptiste Charbonneau, obra da escultora Glenna Goodacre (1939-2020). Goodacre utilizou como modelo para Sacagawea unha muller shoshone chamada Randy'L He-dow Teton (nada en 1976), xa que non existe retrato ningún de época no que basearse. A representación do neno pequeno foi modelada parcialmente a partir de Adam Scholz, dun ano de idade. Pola súa banda, para o reverso, a Comisión de Belas artes escolleu a proposta da aguia voadora creada polo escultor e gravador Thomas D. Rogers (nado en 1945).

Redeseño da serie (a partir 2009) O 20 de setembro de 2007, o presidente George W. Bush asinou a coñecida como Lei de moedas dun dólar dos nativos americanos (Public Law 110-82)."Public Law 110-82-Sept. 20, 2007". Govinfo.gov Entre outras cousas, esta nova lei especifica que a moeda dun dólar co anverso de Sacagawea debe amosar nos seus reversos "imaxes que celebren as importantes contribucións realizadas polas tribos indias e os nativos americanos a título individual ao desenvolvemento e á historia dos Estados Unidos". Esta lei incluía tamén a eliminación da data e a marca de ceca do anverso, e da lenda E PLURIBUS UNUM do reverso, que debían ser gravados no canto a partir de entón.