Mamerco Emilio Lépido Liviano (en latín: Mamercus Aemilius Mam. f. M. n. Lepidus Livianus) foi un político e militar romano do século I a. C.
Traxectoria Naceu no seo do matrimonio entre Marco Livio Druso, o famoso censor e Cornelia Escipión. Con todo, sería adoptado polos Aemilii Lepidi,Anthon & Smith (1860), p. 432Broughton (1952), p. 22 como demostra o seu apelido Livianus.
Ignorando a súa pertenza ao partido aristocrático, apoiou ao seu irmán Marco Livio Druso cando foi nomeado tribuno da plebe e intentou obter a cidadanía romana para todos os habitantes de da Península Itálica.
Ao redor do 91 a. C., Liviano sucedeu ao seu irmán Marco Livio Druso como un dos pontífices do Colexio de Pontífices. Trala morte do seu irmán participou con distinción na Guerra Social (91–87 a. C.), probablemente servindo como legado baixo Quinto Cecilio Metelo Pío. Conseguiu algunhas vitorias, entre as que destacou o mérito de matar, durante o asalto de Venusia, o xeneral dos Marsi, Quinto Popaedio Silo,Broughton (1952), p. 42 quen asasinara ao cuñado do seu irmán, Quinto Servilio Cepión.
Apoiou a Sila durante o conflito entre este e Caio Mario. Cando Sila volveu á capital e derrotou a Cinna e Carbón, atopouse entre os seus principais adeptos. Aparece mencionado como unha das persoas influentes que convenceu a Sila para perdoar a vida do mozo Xulio César. É probable que o nomeasen princeps senatus durante a ditadura de Sila.
Pretendeu ser elixido pretor, mais fracasou na primeira ocasión, se ben o conseguiu no 81 a. C.Broughton (1952), p. 75 Fracasou en obter o consulado no seu primeiro intento porque se supuña que, a pesar de ser moi rico, rexeitara a magistratura de edil curul porque demandaba facer moitos gastos.Suetonio, César 1; Cicerón, Brutus 47, de Officiis libro ii. 17; ; Xulio Obsecuente, Liber Prodigiorum, 119Valerio Máximo, libro VII. 7 § 6 Presentouse, de novo, para o cargo de cónsul no 77 a.C., un ano despois da morte do ditador Sila, conseguindoo só despois de que Caio Escribonio Curio retirase a súa candidatura para ese ano en favor de Liviano,Broughton (1952), p. 79 e tivo a Décimo Xunio Bruto Albino como colega. Nin Mamerco nin o seu colega consular aceptaron un mando proconsular en Hispania para axudar a Quinto Cecilio Metelo Pío na Guerra Sertoriana.Gruen (1995), pp. 18-19
Tras rematar o mandato consular, non hai probas de que obtivese un mando provincial;Broughton (1960), p. 7 porén , parece ser que foi un promaxistrado que serviu ao mando de Marco Antonio Crético no 74 a. C., a quen se lle encomendou a misión de limpar o mar Mediterráneo dos piratas que operaban desde Creta.Broughton (1952), p. 104 Aos 70 anos, puido ser Princeps Senatus, aínda que as probas non son concluíntes pois, aínda que Liviano figuraba no primeiro lugar na lista do Senado para ese ano, gran parte do protagonismo atribuído a ese cargo fora minado polas reformas de Sila dunha década antes polo que é posible que, este, non fose máis que un termo técnico.Broughton (1952), p. 126
No 65 a. C., foi chamado como testemuña hostil contra Caio Cornelio como parte dos acontecementos que rodearon a Primeira Conspiración Catilinaria.
Casamento Antes de morrer Sila, casou coa filla deste, Cornelia. Froito deste matrimonio naceu Emilia Lépida quen estivo comprometida, durante moito tempo, co seu curmán Catón,Syme (2016), p. 113 mais despois se converteu na esposa de Metelo Escipión.
Os sobriños e sobriñas de Liviano, Servilia, Servilia Menor, Cneo Servilio Cepión, Catón e Porcia puideron vivir con el, despois de morrer seus pais.Drogula (2019), p. 34
Na cultura popular Lépido Liviano é un dos personaxes que aparece na obra de Colleen McCullough, The Grass Crown (1991).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Cónsules da República romana Categoría:Militares da Roma antiga Categoría:Nados no século -I Categoría:Finados no século -I