Tres é un filme de 2021 dirixido por Juanjo Giménez e protagonizado por Marta Nieto e Miki Esparbé. É unha coprodución entre España, Lituania e Francia e foi rodada entre Galicia e Barcelona. Recibiu 6 nomeamentos na 20ª edición dos Premios Mestre Mateo, sendo o gañador de tres premios, mellor filme, mellor actriz para Marta Nieto e mellor son.
Sinopse O cerebro de C., unha deseñadora de son, está empezando a procesar o son de forma desincronizada respecto da realidade. Así mesmo, tamén adquire a habilidade de ouvir o que sucedeu nun sitio no que ela non estivo previamente.
Personaxes miniatura|250px|Equipo do filme nos Premios Gaudí (2022): de esquerda a dereita Juanjo Giménez, Marta Nieto, Miki Esparbé e Pere Altimira. Marta Nieto como C. Miki Esparbé como Iván. Luísa Merelas como Marga. Fran Lareu como Pablo. Francisco Reyes como Intruso. Julius Cotter como Phil. Cris Iglesias como Aurora. Iria Parada como Isa. Carmen Méndez como neuróloga. Artur Trillo como traballador do tanatorio. Xosé Manuel Esperante como axente inmobiliario. Marta Doviro como presentadora de televisión.
Produción Tres é unha coprodución internacional conxunta entre España, Lituania e Francia, producida por Frida Films, Nadir Films, M-Films e Manny Films. Recibiu axuda do ICAA, do ICEC, do AGADIC, e tivo participación de TVG, TV3 e Canal+, recibindo tamén financiamento do MEDIA e Eurimages. Foi dirixido por Juanjo Giménez, que tamén escribiu o guión xunto con Pere Altimira.
O filme foi rodado nos concellos galegos da Coruña, Santiago de Compostela, Narón, Vedra, Ferrol, Ames, Aranga, Culleredo, Cambre, A Laracha, Irixoa e Lugo, así como na cidade de Barcelona.
Estrea O filme tivo a súa estrea internacional na 18ª edición de Giornate degli Autori, e tamén foi proxectado no Festival Internacional de Cinema de Toronto e no Festival de Cinema de Sitges. Foi distribuído por Filmax, e estreouse nos cinemas de España o 5 de novembro de 2021.
Galardóns e nomeamentos AnoCerimoniaCategoríaGalardoadoResultado2021 Premios Cinematográficos José María Forqué Mellor actriz Marta NietoNomeada2022 20ª edición dos Premios Mestre Mateo Mellor filme Juanjo Giménez Gañador Mellor actriz Marta Nieto Gañadora Mellor guión Juanjo Giménez e Pere AltamiraNomeado Mellor dirección de produción Miriam DevesaNomeada Mellor dirección artística Antonio PereiraNomeado Mellor son D. Fontrodona, O. Tarragó, M. Bech e M. Orts Gañadores
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Lituania Categoría:Premio Mestre Mateo ó mellor filme Categoría:Filmes rodados na Coruña Categoría:Filmes rodados en Santiago de Compostela Categoría:Filmes rodados en Ferrol Categoría:Filmes rodados en Lugo Categoría:Filmes rodados en Barcelona