Jerónimo Rodríguez Villalba, nado en Asunción o 20 de xuño de 1954, é un exfutbolista paraguaio, que xogaba como centrocampista.

Traxectoria Nado en 1954 en Asunción, capital de Paraguai, debutou aos 16 anos no Hayes, co que xogou na Primeira División de Paraguai. Aos 20 anos, tras unha tempada no Cruz Azul mexicano, trasladouse a España, onde fichou polo Sevilla. Co equipo andaluz debutou na Primeira División da man do adestrador Roque Olsen, na sexta xornada da tempada 1975/76, contra o Granada en Los Cármenes. Nas súas dúas tempadas en Sevilla disputou un total de 12 partidos na máxima categoría e un na Copa do Xeneralísimo, marcando un gol en liga fronte ao Sporting de Gijón. Posteriormente xogou no Córdoba, no Algeciras e na AD Ceuta, antes de recalar en 1983 no Compostela.

Debutou co equipo santiagués na Segunda División B, nun partido contra o Huesca, e fíxose rapidamente coa titularidade. Militou durante seis anos no Compos, actuando como capitán nas últimas tempadas, ata a súa retirada en 1989. Trala súa retirada continuou vivindo en Galicia, e adestrou varios equipos modestos, como o Sigüeiro e o Cruces.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Datos do xogador en BDFutbol .

Categoría:Nados en 1954 Categoría:Nados en Asunción Categoría:Futbolistas de Paraguai Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Cruz Azul Categoría:Xogadores do Sevilla FC Categoría:Xogadores do Córdoba CF Categoría:Xogadores do Algeciras CF Categoría:Xogadores do AD Ceuta Categoría:Xogadores da SD Compostela Categoría:Adestradores de fútbol de Paraguai