José Luis Ochoa Álvarez, nado no Grove o 26 de xuño de 1965, é un exfutbolista galego, que xogaba como centrocampista.
Traxectoria Formouse na canteira do Celta de Vigo e xogou no filial deste, o Gran Peña. En setembro de 1984 debutou na Segunda División fronte ao Cádiz, durante a folga de futbolistas que provocou que os clubs aliñasen a xogadores xuvenís. Foi o seu único partido co Celta de Vigo. En 1986 fichou polo Compostela, co que xogou durante as seguintes sete tempadas, logrando ascender dende a Terceira ata a Segunda División. Disputou un total de 49 partidos co equipo santiagués na división de prata, todos eles con Fernando Castro Santos como adestrador. En 1993 deixou o Compos e fichou polo Pontevedra, co que xogou durante dúas campañas na Segunda División B.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en BDFutbol .
Categoría:Nados en 1965 Categoría:Nados no Grove Categoría:Futbolistas da provincia de Pontevedra Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Gran Peña Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores da SD Compostela Categoría:Xogadores do Pontevedra CF