Aarón Martín Caricol, nado en Montmeló o 22 de abril de 1997, é un futbolista catalán que xoga na posición de defensa nas filas do 1. FSV Maguncia 05 da 1 Bundesliga.
Traxectoria Comezou como futbolista nas categorías inferiores do R. C. D. Espanyol. En 2013 pasou a formar parte do Xuvenil A do equipo branquiazul, para se incorporar ao equipo filial, o Real Club Deportivo Espanyol B ao comezo da tempada 2014-15. O 16 de xaneiro de 2016 marcou o seu primeiro gol como sénior, nunha vitoria por 2–0 na casa contra do CF Reus Deportiu.
Tras ser titular indiscutible durante toda a tempada o 13 de xuño de 2016 renovou contrato co club ata o ano 2020, por mor do interese de varios clubs por facerse cos seus servizos. Debutou nun partido oficial co primeiro equipo do Espanyol o 2 de outubro de 2016, na 7ª xornada da Primeira División española 2016-17 perante o Vilarreal CF no RCDE Stadium, ao incorporarse ao xogo no minuto 65 para substituír a José Antonio Reyes.
O 6 de agosto de 2018 o R. C. D. Espanyol fixo oficial a cesión pola tempada 2018-2019 do xogador ao 1. FSV Maguncia 05 coa obriga de compra de xogar 10 partidos co conxunto alemán.. Debutou na Bundesliga o 26 de agosto, nunha derrota por 1–0 na casa fronte ao VfB Stuttgart nun partido no que xogou os 90 minutos.. O 5 de novembro de 2018 asinou contracto definitivo co club alemán.
Xogou cinco encontros, tres como titular, ao comezo da tempada 2020-21 con cada volta menos tempo o 31 de decembro de 2020 asinou polo R. C. Celta de Vigo, e volveu así á liga española, en calidade de cedido ata final de tempada
Internacional Aarón foi internacional coa e sub-19 de España. Formou parte do equipo que gañou o Campionato de Europa Sub-19 da UEFA 2015, e disputou o encontro final en Katerini ante a ..
Debutou coa Selección de fútbol de Cataluña o 28 de decembro de 2016, como titular nun partido contra Tunisia que logo dos 90 minutos tiña o marcador 3–3 e que rematou en derrota 2–4 nos penaltis.
Clubs ClubLigaAnoPartidosGolesR. C. D. Espanyol "B"España2014-2016361R. C. D. EspanyolEspaña2016-20186601. FSV Maguncia 05Alemaña2018-2020861R. C. Celta de Vigo (cedido)España2020-20212001. FSV Maguncia 05Alemaña2021-2022211
Palmarés
Títulos internacionais TítuloEquipo SedeAnoEurocopa Sub-192015Eurocopa Sub-21Italia Italia2019
Notas
Categoría:Nados en 1997 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Cataluña Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-19 Categoría:Xogadores do RCD Espanyol B Categoría:Nados na provincia de Barcelona Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do 1. FSV Mainz 05 Categoría:Xogadores do RCD Espanyol