Juan Manuel Rodríguez García, nado en Cerceda o 22 de decembro de 1990, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria Graduado en Socioloxía e máster en Dirección e Planificación do Turismo pola UDC. Foi suplente nas listas do PSdeG-PSOE en Cerceda nas eleccións municipais de 2015, pasando a se-lo número 2 nas municipais de 2019, tralas cales os socialistas revalidaron a maioría absoluta e pasou a ser primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Benestar.Aprobada la nueva estructura del gobierno de Cerceda, con tres ediles con sueldo Trala dimisión de José García Liñares como alcalde en xaneiro de 2020, foi elixido novo rexedor de Cerceda o 12 de febreiro,Juan Manuel Rodríguez abre una nueva etapa al frente del Concello de Cerceda sendo naquel entón o alcalde máis novo de Galicia. Nas eleccións municipais de 2023 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE e foi reelixido alcalde ampliando a maioría absoluta da que gozaba o partido en Cerceda de 7 a 9 concelleiros.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Cerceda

Categoría:Alcaldes de Cerceda Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Cerceda Categoría:Nados en 1990 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes