Manuel José Lamas Soto, nado en Igrexafeita (San Sadurniño) en 1955 e finado en San Sadurniño o 19 de xaneiro de 2016, foi un político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria Participou na creación da revista Pumariño en 1976 e mais na asociación de veciños Adiante da súa parroquia natal a partir de 1978, chegando a se-lo seu presidente. Encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE en San Sadurniño nas eleccións municipais de 1979, logrando 6 concelleiros fronte ós 7 de CIDSA. Encabezou de novo a candidatura socialista nas municipais de 1983 e foi elixido alcalde como cabeza da lista máis votada. Durante o seu mandato tivo que lidar coa crise industrial da comarca de Ferrol e a necesidade de infraestruturas do concello, logrando mellorar estas e a instalación, mediante a ZUR, de empresas como a madeireira Intasa e a conserveira El Cisne. Volveu ser elixido alcalde tralas municipais de 1987, tamén como cabeza da lista máis votada. Gobernou en minoría ata que en novembro de 1988 estableceu un goberno cos independentes, o cal se mantería ata xaneiro de 1990. En abril dese mesmo ano perdeu a alcaldía mediante unha moción de censura impulsada polo PPdeG e os independentes.

Volveu se-lo candidato socialista á alcaldía en 1991 e 1995, pero non conseguiu recupera-lo goberno logo das vitorias do PPdeG. Formou parte de candidaturas do PSdeG en seguintes convocatorias electorais en postos honoríficos.

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en San Sadurniño

Ligazóns externas Siete años de alcalde de San Sadurniño en La Voz de Galicia Moción de censura ao alcalde Lamas en Fálame de San Sadurniño

Categoría:Alcaldes de San Sadurniño Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1955 Categoría:Nados en San Sadurniño Categoría:Finados en 2016 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes