O Alavuden Peli-Veikot, ou simplemente APV, é un equipo feminino de hóckey sobre xeo da cidade de Alavus, na rexión de Ostrobotnia do Sur (Finlandia). Forma parte do club polideportivo do mesmo nome.

APV comezou a súa actividade destinada en exclusiva ás nenas en 1994. Xoga os seus partidos como local no Alavus Areena, un pavillón inaugurado en 2008 e con capacidade para 421 persoas.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Espazo do equipo feminino no sitio web de APV

Categoría:Equipos femininos de hóckey sobre xeo de Finlandia