miniatura| Páxina do Vocabvlario da Lingoa de Iapam (Nippo jisho 日葡辞書, 1603) thumb|かるた Karuta, do portugués carta. O nome dos paus da baralla tamén derivan do portugués, como ouro > ouru.

A existencia de numerosas palabras xaponesas de orixe portuguesa resulta da chegada ao Xapón dos portugueses en 1542-1543, sendo os primeiros europeos en aportar e establecer un fluxo comercial continuo e directo entre o Xapón e Europa.

Contexto Durante os séculos XVI e XVII, no chamado período Nanban, xesuítas portugueses, así como galegos (naquela época, o idioma galego e o portugués arcaico eran practicamente idénticos) e de varios reinos da Coroa de Castela, tiveron presenza no arquipélago xaponés até a persecución relixiosa a comezos do período Edo (Shogunato Tokugawa), que culminou coa expulsión en 1639, cando o cristianismo pasou á clandestinidade.

Os portugueses foron os primeiros en traducir xaponés a unha lingua occidental, no dicionario Nippo jisho 日葡辞書 ou Vocabvlário da Lingoa de Iapam, compilado por misioneiros xesuítas como João Rodrigues e publicado en Nagasaki en 1603. Este dicionario xaponés - portugués explicaba 32.000 palabras xaponesas traducidas ao portugués.

Polo tanto, era inevitábel que algunhas palabras de lingua xaponesa se tivesen orixinado no portugués. A maioría destas palabras reférense a produtos e costumes que chegaran por primeira vez ao Xapón a través dos comerciantes portugueses. O número de palabras portuguesas no xaponés é, segundo Fernando Venâncio Peixoto da Fonseca máis de catrocentas; en Tai Whan Kim, no seu traballo O elemento portugués en Xaponés: unha análise crítica con glosario, as palabras de orixe portugués que atopamos son centos. A lingua portuguesa era aprendida nos templos budistas xaponeses, segundo João Barros, no século XVI e XVII. No auxe da influencia portuguesa no Xapón, preto de 4000 palabras de orixe portuguesa foron utilizadas. Non hai rexistro de palabras da lingua portuguesa que chegaron ao xaponés debido á inmigración xaponesa a Brasil, porén, o xaponés que se fala no Brasil incorpora, como era de esperar, varias palabras do portugués falado no Brasil.

Outras achegas por outras vías Hai outras palabras galego-portuguesas que chegaron ao xaponés pero non necesariamente desde o contexto antes mencionado, senón que se internacionalizaron na maioría de linguas, ás veces a través da incorporación á lingua inglesa, como por exemplo:

a árbore mangueira e a froita manga (á súa vez do támil mankai) que deu nome ao estilo manga de banda deseñada, cebra (ゼブラ , zebura), sinónimo da palabra xaponesa Shima Uma (literalmente, cabalo raiado). cobra, nome xeral galego e portugués para as serpes que nomeu as cobras da india como Naja-naja (en xaponés コブラ, Kobura), que á súa vez nomeou diversos personaxes audiovisuais e de manga). marmelada (de marmeleiro e marmelo, en xaponés マーマレード , māmarēdo). A palabra coco provén do nome para o personaxe da mitoloxía galego-portuguesa coco (en xaponés ココナッツ kokonattsu, do inglés koko-nut) A palabra cacao (en xaponés カカオ, kakao) provén do náhuatl cacahuatl a través do castelán e logo do galego-portugués.O termo tamén deu lugar a cacahuete, xa que era composto en orixe de tlalcacauatl, cacao de terra; ese termo non pasou ao xaponés, que tomou o termo inglés peanuts transliterado > ピーナッツ En inglés, xurdiu dunha posible confusión fonética coa palabra portuguesa coco, o que levou á terminoloxía para referirse ao produto do cacao como cocoa. En xaponés ココア (kokoa), transliterado en katakana.

O chocolate (en xaponés チョコレート , chokolēto) é o produto alimenticio feito a partir do cacao. Sendo tamén un termo de orixe náhuatl, a transformación do cacao en chocolate foi innovada por procesadores europeos, con especial contribución dos xudeus portugueses que, fuxindo da Inquisición, estableceron fábricas en Francia, Bélxica e noutros lugares, internacionalizando o termo.

Algúns equívocos

Arigatô En contra da crenza popular, "arigato" (有難う) non se orixina da expresión portuguesa obrigado.Linguist List 12.1906 Thu Jul 26 2001 Sum: "Arigato" and "Tempura" De feito, "arigato" é a forma moderna do xaponés arcaico "arigatashi" que consiste na aglutinación de "Ari" do verbo "Aru" (ser, ser, existir) e "Katashi" un adxectivo que significa dificultade. A expresión orixínase da forma en que os budistas eloxiaban dúas divindades e daban grazas polas ensinanzas budistas. Literalmente, a expresión significa "Hai dificultade", algo así como "Teño dificultade para expresar o meu agradecemento ante o teu acto".OTSUKI, Hiroshi; GRINDSTAFF, Bradley. Cultural Keys: the history of japanese words and phrases. [S.l.]: Hokuseido Press, 1995.

Tempura O nome das empanadas de legumes e verduras fritidas é certamente de orixe portuguesa, pero probabelmente non se orixina da palabra "tempero" Dicionário Houaiss da Língua Portuguesa como se di popularmente.

No século XVI, os católicos abstíñanse de comer carne nos días de "Témporas", os tres días de xaxún semanal, en cada unha das catro estacións.Dicionário Houaiss da Língua Portuguesa Retirado em 11-01-2008 Os portugueses no Xapón comían nestes días só verduras e peixe, que adoitaban ser empanados e fritidos, para asombro dos xaponeses que os consumían crus ou cocidos. Os xaponeses cristianizados polos xesuítas tamén comezaron a consumiren frituras durante as Têmporas, polo que a palabra, que derivou en "Tempura" pasou a asociarse no Xapón aos empanados vexetais.

Ne Esta palabra é utilizada para destacar o que acaba de ser dito. En portugués, o "né" tamén ten a mesma función, sendo unha contracción da frase "Não é?". Con todo, é moi probábel que se trate dunha mera coincidencia.

Escolma de palabras xaponesas de orixe portuguesa

Por asimilación coa fonética xaponesa, o /l/ e o /r/ chegan a confundirse. A estrutura silábica xaponesa (xeralmente consoante + vogal) tende a se transferir na pronuncia doutras linguas, e unha sílaba con dúas consoantes pasa a dúas sílabas engadindo a vogal débil -u-. É por iso que carta pasa a ca-ru-ta (かるた Karuta).

Pronuncia en xaponésPortugués modernoEscrita en xaponêsPortugués arcaico, galego-portugués ou morfoloxíaObservaciónsarukōruálcoolアルコールálcools, alcoolbaterenpadre伴天連・破天連padrebīdamaberlinde, bola-de-gudeビー玉vi(dro) + 玉 (dama = "bola")biidorovidroビードロvidrobirōdoveludoビロード ou 天鵞絨veludobouro/bourubolo, bolaボーロ・ボールbolobotanbotãoボタン・釦・鈕botão, botomburankobalanço, baloiçoブランコbalançocharumera/charumerucharamelaチャルメラ・哨吶charamelaAntigo instrumento musical de soprochokkijaqueta, coleteチョッキjaquefurasukofrascoフラスコfrascogurandoグランドgrandeiesuJesusイエスJesu, JesúsTamén pode significar "si", do inglés yesigirisuinglêsイギリス・英吉利inglezIgirisu hoxe significa o Reino Unido (Inglaterra é イングランド, ingirisu)irumanirmãoイルマン・入満・伊留満・由婁漫irmão, irmamTermo utilizado ao comezo da cristianización do Xapón para identificar ao misioneiro antes de facerse sacerdotejourojarroじょうろ・如雨露jarrojuban/jibancamiseta, camiseteじゅばん・襦袢gibão, gibomkanakin/kanekincanequim金巾 ・ ▽かなきん ・ ▽かねきんcanequimNon usado no portugués actualkantera/kandeyacandeiaカンテラ・カンデヤcandeia, candelaNo portugués actual preférese a palabra vela, en galego candeakapitancapitão甲比丹・甲必丹capitão, capitamkappacapa impermeável合羽capa, cubertakarutacartas de jogarかるた・歌留多・加留多・骨牌carta, cartaskasutera, kasuteera, kasuteirapão-de-lóカステラcastela, castellaTipo de bolo con masa de biscoitokatarogucatálogoカタログcatálogokirishitancristãoキリシタン・切支丹・吉利支丹christão, cristiamkirisutoCristoキリスト ou 基督Christokompeitōconfete金米糖・金平糖・金餅糖confeitoEn xaponés é un tipo especial de doce ou lambetadakoppucopoコップcopokurusucruzクルスcruzmarumeromarmelo木瓜 ou マルメロmarmelomeriyasumeiasメリヤス・莫大小・目利安meiasmiiramirraミイラ・木乃伊mirraombuombroおんぶombroCarregar unha persoa (principalmente bebé) aos ombros e ás costasoranda Holanda (Atualmente Países Baixos)オランダ・和蘭(陀)・阿蘭陀HollandaPaíses Baixos / Holandapanpãoパン・麺麭・麪包pão, pam, panpandoropão-de-lóパンドロPão-de-ló, pan-do-lórashasarja羅紗raxarozarioRosárioロザリオrosariosabatosábadoサバトsábadosarasamorim更紗saraçaTecido de algodón finoshabonsabãoシャボンsabão, xabomshabondamabola de sabãoシャボン玉sabão, xabom + 玉 (dama = bola)shōrochoroショーロchoroshurasukochurrascoシュラスコchurrascosubetaespadaすべた ・ スベタespadaActualmente é utilizado para designar mulleres feas en xaponéstabakotabaco煙草・莨tabacoEn xaponés, a palabra é usada para describir a planta do tabaco e tamén o cigarro.tempuraTêmporas天麩羅・天婦羅TêmporasAs Témporas eran días de xaxún relixioso nos que os católicos portugueses non comían carne, e si verduras, legumes e peixe fritidos en pan relado (alimentos que normalmente se comían crus ou cociñados polos xaponeses)zabontoranja朱欒・香欒zamboaFroito da árbore Citrus adami

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lingua portuguesa Lingua galega Lingua galego-portuguesa Lingua xaponesa Relacións entre a Coroa de Castela e o Xapón Relacións entre Portugal e o Xapón

Categoría:Lingua xaponesa