alt=Anton Pannekoek en 1920|miniatura|Anton Pannekoek en 1920.

Anton Pannekoek, nado en Vaassen o 2 de xaneiro de 1873 e finado en Wageningen o 28 de abril de 1960, foi un astrónomo e comunista holandés.

Traxectoria profesional Con trinta anos rexistrou a variabilidade de Polaris, confirmada vinte anos despois. Mellorou a medida de distancias estelares, facilitando a aceptación das dimensións recoñecidas hoxe do universo. Estudou atmosferas estelares.

No 1931 produciu a curva de crecemento de Deneb, sendo considerado o pai da astrofísica dos Países Baixos.

Obtivo a Medalla de Ouro da Real Sociedade astronómica dos Países Baixos en 1951. Fundou o Instituto Astronómico da Universidade de Ámsterdam, e foi membro da Real Academia das Artes e as Ciencias dos Países Baixos.

Levan o seu nome un asteroide e un cráter lunar.

Traxectoria política En 1898 uniuse ó Partido Socialdemócrata, de corte comunista. Despois da primeira guerra mundial e a escisión do partido, uniuse ó Partido Comunista Holandés. Foi fundador do comunismo denominado 'consellista', que situaba a autonomía obreira no centro da actuación. Desenvolveu unha aguda crítica da Revolución Rusa, con ideas contrarias a Lenin ou a Trotski.

Obras

Astronomía Untersuchungen über den Lichtwechsel Algols (1902) De wonderbouw der wereld - de grondslagen van ons sterrekundig wereldbeeld populair uiteengezet (1916, 1920, 1924) De astrologie en hare beteekenis voor de ontwikkeling der sterrekunde (1916) The distance of the Milky Way (1919) Die nördliche Milchstrasse (1920) Ionization in stellar atmospheres (1922) De astrophysica en hare moderne ontwikkeling (1925) Results of observations of the total solar eclipse of June 29, 1927 - 1: Photometry of the flash spectrum (1928) with Marcel Minnaert Results of observations of the total solar eclipse of June 29, 1927 - 2: Photometry of the chromosphere and the corona (1930) with N.W. Doorn The influence of collisions on the formation of the Fraunhofer lines (1931) The theoretical intensities of absorption lines in stellar spectra (1935) Antropogenese. Een studie over het ontstaan van de mens (1944) Photographic photometry of the southern Milky Way (1949); with David Koelbloed Line intensities in spectra of advanced type (1950) Inglés: Anthropogenesis: A study of the origin of man (1953) De groei van ons wereldbeeld - een geschiedenis van de sterrekunde (1951) Inglés: A History of Astronomy (1961) (http://archive.org/details/historyastronomy00pann), Dover Publications 1989. ISBN 978-0-486-65994-7

Comunismo

Ethik und Sozialismus - Umwälzungen im Zukunftsstaat (1906) Religion und Sozialismus - ein Vortrag (1906) Godsdienst en socialisme - voordracht, op 14 September 1905 te Bremen gehouden (1907) Ethiek en socialisme (1907) Marxisme en revisionisme (1907); with Herman Gorter Omwentelingen in den toekomststaat (1907) Der Kampf der Arbeiter : sieben Aufsaetze aus der Leipziger Volkszeitung (1907) Het marxisme / pro: A. Pannekoek, contra: M.W.F. Treub (1908); with Marie Willem Frederik Treub Darwinisme en marxisme (1909) Die taktischen Differenzen in der Arbeiterbewegung (1909) Uit de voorgeschiedenis van den wereldoorlog (1915) De oorlog : zijn oorsprong en zijn bestrijding (ca. 1915) "The Third International", International Socialist Review, vol. 17, núm. 7 (xaneiro de 1917), pp. 460–462. Lenin als Philosoph (1938; co pseudónimo de J. Harper) Inglés: Lenin as Philosopher: A Critical Examination of the Philosophical Basis of Leninism. (1948) Holandés: Lenin als filosoof. Een kritische beschouwing over de filosofische grondslagen van het Leninisme (1973) De arbeidersraden ("Os consellos obreiros", 1946; co pseudónimo de P. Aartsz]] Inglés: Workers' Councils (1947)

Notas

Categoría:Astrónomos dos Países Baixos Categoría:Comunistas dos Países Baixos Categoría:Nados en Güeldres Categoría:Nados en 1873 Categoría:Finados en 1960 Categoría:Alumnos da Universidade de Leiden