David Mathieson "Dave" Walker, nado en Columbus, Xeorxia, o 20 de maio de 1944 e finado o 23 de abril de 2001, foi un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-51-A, STS-30, STS-53 e STS-69.

Traxectoria Walker graduouse en ciencias pola Academia Naval dos Estados Unidos en 1966. Foi seleccionado como astronauta pola NASA en xaneiro de 1978, finalizando o seu adestramento en agosto de 1979. Participou nas misións STS-51-A, STS-30, STS-53 e STS-69, pasando 30,19 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-51-A STS-30 STS-53 STS-69

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1944 Categoría:Finados en 2001 Categoría:Nados en Xeorxia, Estados Unidos de América