Daniel Caamaño Eiras, coñecido como Filiado, nado en Padrón e finado en San Xurxo de Vea (A Estrada) o 22 de outubro de 1936, foi un político galego.
Traxectoria Fillo de Jaime Caamaño Comparada. Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, formou parte do Comité da Frente Popular que intentou oporse ao golpe. Foi detido e internado na prisión de Padrón. Foi xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela o 7 de setembro por rebelión militar, con José Pose Miguens, Faustino Liste Forján, Serafín Mariño Santos, José Tourís Castro e Luis García Abella, acusados de ser os autores do asalto ao tren en Osebe nas datas do golpe de Estado.El Ideal Gallego, 8-9-1936, p. 5. José Pose, Faustino Liste, José Tourís e Serafín Mariño foron condenados a pena de morte e executados en Compostela o 12 de setembro de 1936 e Luis e Daniel foron condenados a cadea perpetua. Foi sacado da prisión e paseado na Baliña de San Xurxo de Vea o 22 de outubro de 1936, o seu cadáver apareceu cun tiro na caluga.Os 6 da Ponte do Regueiro Vida persoal
Estaba casado e tiña tres fillos. Notas
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Padrón Categoría:Finados en 1936