Edward Higgins White II, nado en San Antonio, Texas, o 14 de novembro de 1930 e finado o 27 de xaneiro de 1967, foi un astronauta estadounidense que formou parte da misión Gemini 4 e faleceu durante as probas da Apollo 1.
Traxectoria White graduouse en ciencias pola Academia Militar dos Estados Unidos en West Point en 1952 e en enxeñaría aeronáutica pola Universidade de Míchigan en 1959. Foi seleccionado como astronauta pola NASA en setembro de 1962, participando na misión Gemini 4 e finando durante o incendio producido nas probas da misión Apollo 1, o 27 de xaneiro de 1967.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Gemini 4 Apollo 1
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 1967 Categoría:Nados en San Antonio, Texas Categoría:Alumnos da Universidade de Míchigan Categoría:Finados na exploración espacial