La escopeta nacional é un filme español de 1978 do director Luis García Berlanga que mostra un acedo retrato da clase empresarial e política dos últimos anos do franquismo, xa nos anos 70. Debido ao éxito do filme seguíronlle dous filmes máis que conformaron a triloxía da familia Leguineche: Patrimonio nacional (1981) e Nacional III (1982), ben acollidas pola crítica e o público. Berlanga inspirouse nas cazarías de Franco para realizar o filme.
Sinopse Inverno de 1972. Jaume Canivell (José Sazatornil), un fabricante catalán de porteiros electrónicos para edificios, viaxa a Madrid coa súa secretaria (Mónica Randall), quen en realidade é a súa amante. Van asistir a unha cazaría paga por el mesmo na leira "Los Tejadillos", propiedade dos Marqueses de Leguineche. Porén, oficialmente é o marqués quen paga a cazaría aos amigos. O obxectivo de Canivell é relacionarse coa alta sociedade para mellorar o negocio e poder vender os porteiros nas urbanizacións de nova construción. Na cazaría establece amizade con Álvaro (Antonio Ferrandis), Ministro de Industria do gabinete.
Porén, desde que chega á leira todo son sobresaltos e aparicións de personaxes absurdos. Durante a súa estadía, Canivell e a súa parella son testemuños da destrución dunha extravagante colección do marqués de Leguineche (Luís Escobar), do rapto dunha actriz masoquista (Bárbara Rey) polo fillo onanista do marqués (José Luís López Vázquez) ou do cambio de goberno que deixa ao seu contacto ministerial na rúa. Isto obriga a Canivell a gañarse agora a amizade do novo equipo de goberno, do Opus Dei, presente tamén na cazaría. Entre outros disparates, o propio Canivell debe facerse pasar por un produtor de cine, axudar na misa na capela da leira, "aceptar" que a cazaría a paga o marqués ou devolver "xenerosamente" un premio dun bingo celebrado na leira.
Personaxes principais Jaume Canivell, industrial catalán (José Sazatornil) Mercé, secretaria e amante de Jaume (Mónica Randall) Don José, marqués de Leguineche (Luis Escobar, marqués das Marismas do Guadalquivir) Álvaro, ministro de Industria (Antonio Ferrandis) Luis José de Leguineche, herdeiro onanista (José Luis López Vázquez) María Jesús, "Chus", esposa de Luis José (Amparo Soler Leal) Padre Calvo, capelán da vila e franquista fervoroso (Agustín González) Segundo, criado de confianza de Luis José (Luis Ciges) Vera del Bosque, actriz amante do ministro (Bárbara Rey) Cerrillo, organizador de eventos e da cazaría (Rafael Alonso)
Produción Entre as localizacións da rodaxe atópase a leira madrileña de "El Ricón". Está situada no municipio de Aldea del Fresno, no suroeste da Comunidade, a 53 km da capital.
Premios 34.ª edición das Medallas do Círculo de Escritores Cinematográficos
Categoría Premiado Resultado Mellor filme La escopeta nacional
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Sobre o filme, na páxina Berlanga Filme Museum. Guión de La escopeta nacional no sitio Berlanga Filme Museum: facsímile electrónico. Berlanga fala do filme, con visión de secuencias dela. DELTELL, Luís: Marqués de Leguineche & son (Análise de "A escopeta nacional", "Patrimonio Nacional", "Nacional III" e dos proxectos cinematográficos "Nacional IV" e "Viva Rusia!") Texto en PDF, do sitio de publicacións da Universidade Complutense de Madrid.
Categoría:Filmes de 1978 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes en lingua catalá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Luis García Berlanga Categoría:Filmes ambientados en Madrid Categoría:Filmes de comedia