Guido Capello, nado en Monsummano Terme, Pistoia, o 4 de febreiro de 1923 e finado en Lecco o 25 de outubro de 2001, foi un futbolista e adestrador italiano.

Traxectoria Nacido na Toscana, creceu no Piemonte. Como futbolista militou nos equipos xuvenís do Ardita e do Torino, xogando máis tarde no Ivrea, Como, Lecco, Pro Sesto e Mariano Calcio.

Tras colgar as botas, comezou a adestrar aos equipos xuvenís do Lecco, cos que en 1963 gañou o Campionato De Martino de Serie B. Na tempada 1967/68 pasou a adestrar o Maceratese, na Serie C, e posteriormente tivo un breve paso polo banco do Ascoli.

Adestrou logo o Entella, antes de ser contratado pola Atalanta para a súa canteira, onde foi o primeiro adestrador en aliñar como líbero a Gaetano Scirea, futbolista que pasaría a ser un dos mellores da historia nesa posición. Na tempada 1973/74 estivo á fronte do Asti na Serie C, antes de ser chamado por Paolo Mazza para dirixir os equipos xuvenís do SPAL, collendo ademais as rendas do primeiro equipo na Serie B en dúas ocasións.

Posteriormente pasou polo Lecco, o Alessandria e o Biellese, antes de pechar a súa carreira na canteira do Ascoli.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Nados na provincia de Pistoia Categoría:Nados en 1923 Categoría:Finados en 2001 Categoría:Futbolistas de Italia Categoría:Xogadores do Calcio Como 1907 Categoría:Xogadores do Calcio Lecco 1912 Categoría:Adestradores de fútbol de Italia Categoría:Adestradores do SPAL 1907 Categoría:Adestradores do Calcio Lecco 1912 Categoría:Adestradores do Unione Sportiva Alessandria Calcio 1912