miniatura|Asistentes á IV Asemblea Nacionalista. Entre outros están: Castelao, Casal, Antón Losada, Antón Villar Ponte, Manuel Antonio, Blanco Torres e Otero Pedrayo.Alfonso Vázquez Monjardín, nado na Coruña o 24 de xullo de 1901 e finado no Carballiño o 7 de setembro de 1960, foi un procurador e político galego.

Traxectoria Fillo de Luis Vázquez Quirós e Josefa Monjardín Blanco. Traballou en Ourense como procurador e nunha axencia de viaxes e xestoría. Foi o primeiro presidente do Colexio de Xestores de Galicia. No ano 1926 participou na peregrinación a Santiago de Compostela que Xavier Pardo narrou en No camiño de San-Yago. Foi un dos fundadores do Partido Galeguista. Participou nos parladoiros do Hotel Roma con Otero Pedrayo, Vicente Risco, Xocas, Leuter, Blanco Amor e outros. Finou en Ourense o 7 de setembro de 1960.El Pueblo Gallego, 8-9-1960, p, 13.

Vida persoal Casou no Carballiño con Emilia Blanco R. Maneiro en 1932,La Región, 20-3-932, p. 1. e foi pai de José Lino Luis (Xosé Lino) (pai este de Afonso Vázquez-Monxardín Fernández), María Emilia Carmela, Carmela Luisa Juana, María de los Ángeles Benita (Kika) e Alfonso Jesús Vázquez-Monjardín Blanco.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Rúa Monxardín

Categoría:Políticos do Partido Galeguista Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1901 Categoría:Finados en 1960