Yamal ou Iamal é unha serie de satélites de comunicacións rusos.

Características Os satélites Yamal son unha serie de satélites de comunicacións desenvolvidos inicialmente por RKK Energia para Gazprom. Son lanzados mediante foguetes Proton, ás veces en conxuntos de dous.

Yamal 101 e 102 Os Yamal 101 e 102 foron os primeiros satélites da serie. Foron lanzados o 6 de setembro de 1999 mediante un foguete Proton K/DM-2M. Cada un tiña unha masa de 1360 kg. Levaban a bordo doce transpondedores en banda C.

Yamal 201 e 203 Os dous seguintes satélites da serie foron os Yamal 201 e 203. O última cancelouse e o Yamal 201 foi lanzado o 24 de novembro de 2003 mediante un Proton K/DM-2M. Tiña unha masa de 1360 kg e levaba nove transpondedores en banda C a bordo. Fallou en 2014.

Yamal 202 e 204 Yamal 204 foi cancelado e Yamal 202 foi lanzado no mesmo foguete que Yamal 201. Tiña unha masa de 1320 kg e levaba 18 transpondedores en banda C.

Yamal 300K Yamal 300K foi construído para substituír os cancelados Yamal 301 e 302. Leva a bordo oito transpondedores en banda C e 18 en banda Ku. Foi lanzado o 2 de novembro de 2012 mediante un Proton M.

Yamal 401 Yamal 401 foi lanzado o 15 de decembro de 2014 mediante un Proton M. Tiña 2976 kg de masa, 36 transpondedores en banda Ku e 17 en banda C.

Yamal 402 Yamal 402 foi lanzado o 8 de decembro de 2012 mediante un Proton M, pero un problema do foguete deixouno nunha órbita máis baixa da esperada. Tiña 5250 kg de masa e 46 transpondedores en banda Ku a bordo.

Yamal 601 Yamal 601, con 5700 kg de masa, foi lanzado o 30 de maio de 2019 mediante un foguete Proton M. Leva a bordo 19 transpondedores en banda Ku, 18 en banda C e 26 en banda Ka.

Historial de lanzamentos

MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasYamal 1016 de setembro de 1999Proton K/DM-2MÉxitoYamal 1026 de setembro de 1999Proton K/DM-2MÉxitoYamal 20124 de novembro de 2003Proton K/DM-2MÉxitoYamal 20224 de novembro de 2003Proton K/DM-2MÉxitoYamal 300K2 de novembro de 2012Proton MÉxitoYamal 4028 de decembro de 2012Proton MFallo parcialYamal 40115 de decembro de 2014Proton MÉxitoYamal 60130 de maio de 2019Proton MÉxito

Notas

Véxase tamén Outros artigos Proton K/DM-2M Proton M

Categoría:Satélites artificiais