A peseta peruana foi unha unidade monetaria da República Peruana emitida entre os anos 1880 e 1882, durante a Guerra do Pacífico.

A peseta peruana tiña como moeda divisionaria o real, de maneira que dous reais equivalían a unha peseta. Pola súa banda, cinco pesetas equivalían a un sol, co que coexistiu e que acabou impóndose como un idade monetaria do país.

Moedas A Casa da Moeda de Lima emitiu en 1880 moedas de prata cos valores faciais dunha peseta e de cinco pesetas."Peru • Peseta (1880-1882)". Numista.comDe la Puente, P. (2015) "Lima y las otras cecas en los 450 años de la Moneda Peruana". En Moneda, Nº 164 (decembro). Páxinas 42-44.Contreras Carranza, C. (Ed.) (2020). Páxina 453.

Pola súa banda, a Casa da Moeda de Ayacucho emitiu moedas de cinco pesetas en 1881 e 1882, e moedas divisionarias de medio real (un cuarto de peseta) datadas en 1882.Contreras Carranza, C. (Ed.) (2020). Páxina 475.

Caracterización miniatura|Moedas de 5 pesetas e dunha peseta de 1880, cuñadas en Lima.

As tres moedas emitidas comparten deseño, á marxe de pequenos detalles motivados polo seu tamaño e a disposición dalgúns elementos. O deseño de ambas as súas faces débeselle a Robert Britten.

Anverso: busto feminino a modo de representación alegórica da República Peruana, ollando cara á esquerda, rodeado pola lenda PROSPERIDAD Y PODER POR LA JUSTICIA, coa data no exergo. Reverso: escudo nacional rodeado pola lenda: REPUBLICA PERUANA / marca de ceca [LIMA ou AYACUCHO] / 9 DECIMOS FINO. Valor facial en letra no exergo [CINCO PESETAS ou UNA PESETA ou ½ REAL].

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Contreras Carranza, C. (Ed.) (2020). Historia de la moneda en el Perú. Banco Central de Reserva del Perú, Lima. ISBN 978-612-326-011-8 De la Puente, P. (2015) "Lima y las otras cecas en los 450 años de la Moneda Peruana". En Moneda, Nº 164 (decembro). Banco Central de Reserva del Perú. Páxinas 41-44.

Outros artigos

Peseta Peseta saharahuí Peseta de Guinea Ecuatorial

Categoría:Peseta Categoría:Moedas do Perú Categoría:Moedas de prata