Yang Liwei ou Iang Liwei, nado en Suizhong o 21 de xuño de 1965, é un astronauta chinés retirado que formou parte da misión Shenzhou 5, converténdose no primeiro astronauta da China.

Traxectoria Yang Liwei entrou no Exército Popular de Liberación en 1983, graduándose en 1987 na Facultade de Aviación número 8 do Exército Popular. Levaba acumuladas 1350 horas de voo como piloto de combate cando foi seleccionado como candidato na primeira promoción de astronautas da China en xaneiro de 1998. Tras cinco anos de adestramento foi elixido como un dos tres candidatos finais a voar na misión Shenzhou 5, a primeira misión tripulada lanzada pola China. Liwei acabou facendo un voo de 21 horas e 23 minutos na cápsula espacial, volvendo a terra sen problemas.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Shenzhou 5

Categoría:Astronautas da China Categoría:Nados en 1965 Categoría:Nados na China