O motor foguete YF-100 é un motor desenvolvido pola República Popular da China para o seu uso nos foguetes CZ-5, CZ-6 e CZ-7.

Características O YF-100 é un motor alimentado con oxíxeno líquido equeroseno, producindo 1339,48 kN de impulso, que pode ser reducido ata o 65% durante o voo. O tanque de osíxeno presurízase co propio osíxeno sangrado polo motor e o de queroseno presurízase con helio. O desenvolvemento do motor comezou a principios dos anos 2000, xunto co do YF-115, e as primeiras probas comezaron en 2003, completándose en 2012, varios anos máis tarde do previsto. O primeiro voo dun YF-100 tivo lugar en 2016.

Notas

Véxase tamén Outros artigos YF-115 CZ-5 CZ-6 CZ-7

Categoría:Motores foguete