A carboxipeptidase A1 é un encima hidrolase da familia das metaloproteases de Zn que nos humanos está codificado no xene CPA1 do cromosoma 7 nunha agrupación de xenes.

Illáronse tres formas de procarboxipeptidase A pancreática humana. As formas A1 e A2 son proteínas monoméricas con diferentes propiedades bioquímicas. A carboxipeptidase A1 é unha exopeptidase monomérica pancreática. Corta preferentemente aminoácidos de cadea ramificada e aromáticos en posición C-terminal.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Carboxipeptidase Carboxipeptidase A Carboxipeptidase A2 Carboxipeptidase A6 Inhibidor da carboxipeptidase A

Bibliografía

Ligazóns externas A base de datos en liña MEROPS para peptidases e os seus inhibidores: M14.001

Categoría:Hidrolases