Cristina González García, nada en Vilagarcía de Arousa o 19 de febreiro de 1984, é unha atleta galega de ultrafondo.

Traxectoria Entre 2008 e 2016 foi a principal atleta de ultrafondo en España, participou en 2009 no seu primeiro mundial de ultrafondo , foi campioa de España de 100 km en 2009, 2010, 2011 e 2014, superou cinco mellores marcas españolas, entre elas as das 24 horas (226,518 km) e os 6 días (701,093 km), en 2012 foi unha das dez mellores do mundo en 24 horas, gañou dúas veces os 6 días de Antibes (2011 e 2012) e foi a primeira española en participar nun mundial de 100 km en 2014. En 2017 unha enfermidade e unha serie de lesións imperdíronlle volver á alta competición ata finais de 2018.

Notas

Categoría:Nados en 1984 Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Atletas de Galicia