Alicia Prisciliana Sánchez Iglesias, coñecida como Alicia Louzao, nada en Ferrol en 1987, é unha filóloga, profesora e escritora galega en lingua castelá e lingua galega.

Traxectoria Perfil académico Licenciouse en Filoloxía Hispánica pola Universidade da Coruña, fixo un mestrado en Formación literaria e licenciouse en Filoloxía Inglesa pola Universidade Complutense de Madrid, e en 2017 doutorouse en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Salamanca, coa tese de doutoramento Las relaciones de sucesos en la colección de jesuitas de la biblioteca de la Real Academia de la Historia (1600-1650), dirixida por María Sánchez Pérez.

Obtivo unha bolsa de colaboración no departamento de Filoloxía na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, así coma unha bolsa de colaboración na biblioteca da mesma Universidade. En 2013 trasladouse ó Reino Unido e foi profesora no St Albans High School for Girls até o 2015. Durante ese tempo, compaxinou os estudos co traballo como profesora de lingua e literatura. Foi correctora editorial e profesora na Universidade Complutense de Madrid, no grao de Filoloxía, ademais de traballar como profesora na Universidade Internacional da Rioxa. Actualmente é profesora de lingua e literatura.

Creación Escribe dende nova e gañou premios tamén en lingua galega, foi galardoada en dúas ocasións cos premios Entre Nós en galego; máis tarde, acadou primeiro Premio de Poesía de Cambre (2013) e foi finalista dos premios de poesía da revista Dictum Factum viguesa (2016 e 2017) cuxa publicación pódese ler no mesmo medio. Compaxina a poesía co relato. En prosa foi finalista e publicou o seu relato "Pausa para una tostada" na revista La Gran Belleza.

Colaborou nas revistas Ocultalit, Culturamas, revista Quimera e Aullido. Publicou poemas en Aullido, La Libélula Vaga, ou a revista El Coloquio de los perros. Diversos autores escribiron recensións da súa obra poética no periódico da UAM, revista Turia ou Zenda.

Participou en festivais de poesía como Expoesía de Soria (2021, 2024), o festival Voix Vives de Toledo (2022, 2023) ou o festival Kerouac en Vigo (2024), e tamén na Feira cultural EnCamiño (Miño, 2025). E, ademais, no festical Vociferio (Valencia).

Grazas a unha axuda do Ministerio de Cultura, foi seleccionada e participou a miúdo no ciclo "Encuentros con autores" no 2023 e no 2025 e 2026, impartindo obradoiros en distintos institutos do país: en A Coruña, Miranda do Ebro, O Bierzo (dentro do programa de Fomento da Lingua galega), Cáceres...

O seu poema "La tierra de los fracasados" obtivo o VIII Premio Internacional de Poesía Jovellanos. Tamén foi finalista do XXXIII Certame de Narrativa Ana María Matute xestionado pola editorial Torremozas e finalista do I Premio Internacional de Poesía Asterión 2022."La tierra de los fracasados", de Alicia Louzao, Mejor Poema del Mundo

En 2022, gañou o V Premio de Poesía Centrifugados/Pueblo de San Gil, sendo a primeira poeta española en obter este recoñecemento. Foi finalista do 76° Premio Adonáis de Poesía (2022) e do I Premio de poesía Marpoética.

En 2023 acadou o XVII Premio internacional de poesía Leonor de Córdoba co poemario Cabeza de familia, que conta coa publicación da obra premiada.

En 2025 obtivo o 2° premio do Certame internacional Rosalía de Castro en lingua galega. Ese mesmo ano acadou o II Premio Nacional Juan Ignacio González pola súa obra Héroe menor que se publicou en xuño dese ano e obtivo o Premio Manuel Garrido Chamorro. Foi finalista do I Premio Internacional de poesía Montejícar e do Ciega de Manzanares.

Obras Manual para la comprensión del insomnio, El Transbordador, 2019. El circo volador, Versátiles, 2020. Las niñas que no queríamos ir a la escuela, Liliputienses, 2021.Las niñas que no queríamos ir a la escuela de Alicia Louzao (Ed. Liliputienses, 2021) La tierra de los fracasados, Nobel, 2021, VIII Premio mellor poema do mundo.

Babilonia Dream, BajAmar, 2021. Diarios del año de las moscas, Lastura, 2022. Meigallo: tarot poético, La imprenta, 2023. Nadie dirá que estuvimos aquí, Liliputienses, 2023. V Premio Centrifugados/Pueblo de San Gil. Amor, juego, ira, muerte. Cuadernillo de poesía da Aula de poesía do proxecto do Concello de Cáceres, Liliputienses, 2023. Cabeza de familia, Andrómina, 2024. XVII Premio Leonor de Córdoba de poesía. 2ª edición, Lastura Ediciones, 2024 Los clavos de Ovidio miran las estrellas, ed. Piezas azules, 2025. Héroe menor, II Premio Nacional de poesía joven Juan Ignacio González, 2025. Aquiles en Oporto, Finalista do 76º Premio Adonáis e do I Premio de poesía Marpoética, ed. Páramo, 2026.

Antoloxías Naturaleza Poética, La Imprenta, 2022. Viento a favor II, BajAmar, 2022. El dolor de las abejas, Torremozas, 2021.

Lo que debería haber dicho a mis ex (y nunca les dije). Ediciones Liliputienses, 2022. 266: homenaje a Bolaño, La Conjura ediciones, 2024.

Premios 1° Premio no XX Certame de poesía de Cambre, 2013. 4° Premio da V Edición do Concurso de relatos da UCM, 2013. III Premio universitario do Recital de poesía da Universidade de Salamanca, 2014. VIII Premio Internacional Jovellanos ó Mellor poema do mundo, 2021. Finalista do Certame Ana María Matute de Narrativa, 2021. 2º Premio X Certame Nacional de Poesía ASEAPO, 2021. I Premio Internacional de Poesía Asterión, mención de honra, 2022. XI Premio Internacional de Poesía Yolanda Sáenz de Tejada, mención de honra, 2022. V Premio de Poesía Centrifugados/Pueblo de San Gil, 2022.https://www.hoy.es/plasencia/alicia-louzao-gana-20220910225841-ntvo.html Finalista do 76º Premio de Poesía Adonáis, 2022. Finalista do XII Premio Ricardo León de poesía, 2023. Finalista do I Premio Internacional de poesía Marpoética, 2023. XVII Premio internacional de poesía Leonor de Córdoba, 2023. Finalista do II Premio Internacional de poesía Montejícar, 2025. II Premio Nacional de Poesía Joven Juan Ignacio González, 2025. XLV Premio de poesía Manuel Garrido Chamorro, 2025. Finalista XXIV Premio de poesía Ciega de Manzanares, 2025. 2º Premio do XXXIX Certame de poesía en lingua galega Rosalía de Castro.

Vida persoal

Nada en Ferrol, ten raíces en Vilatuxe e Lalín. Louzao é o apelido da súa familia. O pazo de Outeiro, co escudo familiar dos Louzao, atópase en Vilatuxe. Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Entrevista en Radio 3 (Rtve), no programa Metaverso.

"Todos somos sospechosos" en Radio 3 (Rtve) e Cabeza de familia. Ficha en escritores.org Recensión na revista Zenda do libro Nadie dirá que estuvimos aquí "La gente tiene mucho que decir y algunos abrazan la poesía", entrevista en El diario de Ferrol.

"La poesía hipnótica de Alicia Louzao", Poemas del alma. Entrevista sobre Versos al Paso , en Madridlánea “Almuerzo real por el día del libro”, entrevista con Alicia en Faro de Vigo “Las pequeñas cosas hacen que uno no se desmorone”, entrevista en Bestia lectora “Reforestar el bosque con palabras nuevas” , recensión en Periódico UNAM ""Ante el Meigallo de Alicia Louzao", crónica de elDiario.es "La poética para mí es imaginación", entrevista en Bestia lectora

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Alumnos da Universidade de Salamanca Categoría:Nados en 1987