El Orensano foi unha revista editada en Buenos Aires entre 1944 e 1945.

Historia e características Órgano oficial do Centro Ourensán de Buenos Aires, apareceu o 14 de novembro de 1944. Cando o Centro Ourensán se separou da Federación de Sociedades Gallegas, decidiu publicar o seu propio periódico. Publicación bilingüe de periodicidade irregular, estaba dirixida por Rodolfo Prada. Desde o primeiro número aparece explícita a posición republicana e galeguista do Centro. Contou coa participación de F. Portela, Francisco A. de Nóvoa, J. González Ledo, Manuel Linares Rivas, Vázquez da Xesta, Castelao, Antón Alonso Ríos, Emilio Pita, Fermín Bouza-Brey, José Moreno Villa, Ken Keirades, Manuel Lugrís, Moisés da Presa, Ramón Otero Pedrayo, Xerardo Álvarez Gallego, Xosé Filgueira Valverde e Xosé Núñez Búa. Cesou a súa publicación co número 28 o 8 de decembro de 1945, foi continuado por Opinión Gallega.

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha no Consello da Cultura Galega

Categoría:Prensa galega da emigración Categoría:Cultura de Buenos Aires