Sabina von Steinbach foi unha mestra escultora do século XIII á que se atribúen un grupo de estatuas da porta sur da catedral de Estrasburgo, algunhas da catedral de Magdeburgo e da catedral de Notre-Dame de París. Porén, a súa existencia non está confirmada e arredor dela existe toda unha lenda.
Traxectoria miniatura|Sabina sería a autora destas estatuas na catedral de Notre-Dame de Estrasburgo. De acordo con algunhas fontes, a primeira mención escrita sobre a súa persoa remóntase a 1617 e foi realizada por Schadeus ao describir a catedral de Estrasburgo, da que en 1275 finalizara a construción. A torre comezárase en 1277 polo arquitecto e mestre construtor Erwin de Steinbach, que contou coa axuda da súa filla Sabina, que era unha hábil escultora.
As mulleres estaban admitidas na maioría dos gremios de oficios durante a idade media, mais a adhesión a un gremio non daba automaticamente o dereito a ser aprendiz. Non obstante, iso implicaba que as mulleres puidesen compartir todas as vantaxes relixiosas e financeiras dos adheridos aos gremios. Se un mestre-artesán falecía, o seu cargo pasaba á súa esposa, que podía retomar o oficio. Isto realizábase facilmente coa axuda doutro artesán que moitas veces adquiría o cargo casando coa viúva.
Os tallistas en pedra viaxaban lonxe con frecuencia; os traballos de construción podían durar decenios e levaban con eles a súa familia. O emprego por Steinbach da súa filla Sabina entre os escultores de Estrasburgo era unha irregularidade que se cometera dentro dunha loxa provincial, descoidada na observación das regras do gremio. Ata a anexión da cidade por Francia en 1681, a sede do gremios dos escultores alemáns situábase en Estrasburgo e mesmo ata 1760 as loxas alemás rendían tributo á loxa desa cidade. Albert Mackey, en Enciclopédie de la Franc-maçonnerie, expón a teoría de que a construción da catedral de Estrasburgo en 1275 é o acontecemento fundador da francmasonaría.
Segundo certas fontes, Sabina proseguiu o traballo do seu pai en Estrasburgo despois da morte do mestre e finalizouno. Outras sosteñen que simplemente axudou o seu pai. Non obstante, admítese comunmente que Sabina foi a autora das estatuas que personifican a igrexa e a sinagoga (as dúas do século XIII), que están situadas nas portas sur da catedral. Tamén en Estrasburgo deixaría a súa sinatura nunha estatua de Xoán o Evanxelista que sostén un pergamiño que di en latín: «Grazias á gran piedade desta muller, Sabina, que me deu forma nesta pedra dura.»
Steinbach casaría con Bernard de Sûnder, tamén masón e construtor, co que traballou na catedral de Magdeburgo. Trala morte do seu pai en 1318 continuaría a traballar na catedral de Estrasburgo xunto a un irmán, aínda que existen dúbidas sobre o seu verdadeiro papel dentro do gremio.
Segundo a tradición que forma parte da lenda sobre ela, o mestre Erwin antes de morrer pediu á súa filla que finalizase a obra que el iniciara. Ela xúrao e esa noite aparéceselle en soños unha traza marabillosa do que queda por executar na catedral: a fachada principal. Ao espertar, cre que o seu soño é froito da inspiración divina, desenvolve o deseño e preséntao aos responsables da construción, que aceptan o proxecto. Os traballos reanúdanse e culmínase con éxito. Segundo esa mesma tradición, Steinbach chegou a autorretratarse nas figuras da igrexa e da sinagoga.
Anos despois parece situada en París, onde viviría nos poboados construídos arredor de Notre Dame, onde convivían os masóns que traballaban na construción.
Controversias sobre a súa existencia A pesar de que era notorio que Sabina traballara nas esculturas da catedral de Estrasburgo a principios do século XIV, as primeiras referencias ao seu traballo non están constatadas ata 300 anos despois, e estas presentan controversias se se atende á datación das obras.
Esta teoría é discutida igualmente por dúas historiadoras da arte. Leslie Ross, no seu traballo Artists of the Middle Ages, afirma que a historia de Sabina foi creada co fin de novelar a existencia de Erwin von Steinbach. Non hai efectivamente ningunha dúbida de que realmente existiu, mais sábese tan pouco sobre o que fixo que é preciso «descubrilo», dixo Ross:
Outra historiadora da arte, Natalie Harris Bluestone, no seu libro Double Vision: Perspectives on Gender and the Visual Arts, achega datos complementarios:
Máis adiante engade no mesmo libro:
En calquera caso, Sabina von Steinbach converteuse nun símbolo das mulleres que de xeito anónimo traballaron como artesás na idade media. Ferrer Valero pecha o capítulo dedicado a ela con estas palabras:
Notas
Véxase tamén Bibliografía Gisèle Hivert-Messeca e Yves Hivert-Messeca (préf. Cécile Révauger), Dervy, coll. « L'univers maçonnique », 2015, 2e éd. (ISBN 9781024201130)
Ligazóns externas The Church and the Synagogue, c. 13th century, by Sabina von Steinbach Legend Of Strasbourg Cathedral at the Masonic Poets Society
Categoría:Escultores de Alemaña Categoría:Escultores do século XIII Categoría:Escultores do século XIV