Erythrogonys cinctus é unha especie de ave caradriforme da familia Charadriidae. É monotípica dentro do xénero Erythrogonys.
Descrición É unha ave de tamaño mediano, mide entre 17 e 20 cm de lonxitude, 33 e 38 cm de envergadura e pesa entre 40 e 55 gramos. Os adultos teñen unha carapucha negra que parte do peteiro, esténdese polos ollos e fusiónase na caluga co gris-marrón do dorso. O queixo e a gorxa son brancas. Ten unha banda ancha de cor negra no peito que se estende aos flancos como unha franxa castaña. O ventre e a cloaca son brancos. As patas son vermellas e o peteiro é vermello coa punta escura.
Aliméntase de artrópodoss, moluscoss, anélidos e sementes. Normalmente é gregaria e asociarase con outras limícolas da súa mesma ou diferentes especies, mesmo durante a reprodución. É nómade e en ocasións irruptiva.
Distribución É nativa da parte continental Australia e Nova Guinea, reportada como vagabunda en Tasmania, Palau e Nova Zelandia.
Reprodución Xeralmente reprodúcese de outubro a xaneiro, aínda que pode aniñar noutros meses se existen as condicións axeitadas de auga. Aniña no chan nas marxes das zonas húmidas, ás veces utilizando os niños doutras aves. A posta é xeralmente de catro ovos de cor crema profusamente cubertos de liñas, pencas ou manchas. As aves novas son precoces e nidífugas.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Marchant, S.; Higgins, P.J.; & Davies, J.N. (eds). (1994). Handbook of Australian, New Zealand and Antarctic Birds. Volume 2: Raptors to Lapwings. Oxford University Press: Melbourne. ISBN 0-19-553069-1 National Photographic Index of Australian Wildlife. (1987). The Shorebirds of Australia. Angus & Robertson: Sidney. ISBN 0-207-15348-5 Ligazóns externas
Categoría:Animais descritos en 1838 Categoría:Carádridos Categoría:Aves de Australia