miniatura|Fachada do mosteiro O mosteiro de Santa María de Vilanova de Ozcos é unha antiga abadía, beneditina primeiro e logo cisterciense, situada en Vilanova de Ozcos, na Terra Eo-Navia de Asturias.
Historia
Fundación O mosteiro fundárono en 1137 monxes beneditinos, por iniciativa do rei galego Afonso VII. Ao primeiro as súas prácticas foron de tendencia eremítica, pero rapidamente, o mosteiro estruturouse e deuse unha regra, para se situar na liña beneditina do mosteiro de Carracedo, entón denominado San Salvador de Carracedo . .
Mudanza da regra En 1203, os monxes de Carracedo optaron por se incorporaren á orde do Císter, que respectaba máis estritamente a norma beneditina, e era moi popular na época e así pasou a se denominar Santa María de Carracedo; os monxes de Vilanova de Ozcos seguiron o movemento, que o papa Inocencio III aprobara por unha bula .
O mosteiro románico desenvolveuse rapidamente, enriqueceuse e recibiu moitos agasallos e privilexios. Paralelamente, co paso do tempo, a norma foise flexibilizando e tolerábanse incumprimentos na aplicación da regra monástica, o que provocou tensións coa abadía nai de Carracedo. Estas fallas de conduta aumentaron ao longo do século XV ata 1511. O mosteiro estaba materialmente empobrecido, pero a partir de entón recobrou parte do prestixio espiritual perdido. Nos séculos XVI e XVII reconstruíuse pouco a pouco e durante a Guerra da Independencia española, cando xa estaba en decadencia, utilizouse como hospital .
Peche A desamortización de Mendizábal expulsou os monxes e pechou a abadía en 1835. Os edificios do convento quedaron co tempo en ruínas, mentres que a igrexa abacial, transformada en igrexa parroquial, permaneceu ata hoxe .
Cartulario O cartulario do mosteiro preserva 616 pergameos da Idade Media: 32 do século XII, 261 do século XIII, 224 do século XIV e 99 do século XV.. O texto dos pergameos está en latín nos máis antigos e a partir de mediados do século XIII aparece o galego que foi o único romance que se empregou ata que a mediados do XIV comezaron a aparecer textos en castelán, cada volta con maior profusión e que acabou por desprazar totalmente ao galego.
Protección A abadía está catalogada en España como ben de interese cultural dende o 3 de outubro de 1991 .
Galería de imaxes
Notas
Categoría:Vilanova de Ozcos Categoría:Mosteiros beneditinos Categoría:Mosteiros de España Categoría:Bens de Interese Cultural de Asturias