Dólar de prata daBiblioteca do Congreso dos EEUU180x180px180x180pxA/: Dous libros, un deles aberto; atrás un facho. Lendas: LIBRARY OF CONGRESS / 1800 2000 / IN GOD WE TRUST / LIBERTYR/: Cúpula do Edificio Jefferson da Biblioteca do Congreso. Lenda: UNITED STATES OF AMERICA / E PLURIBUS UNUM ONE DOLLAR Valor: 1 dólar. Gravador: Thomas D. Rogers (anv.) e John Mercanti (rev.) Datas de emisión: 2000 Ceca: US Mint:ceca de Filadelfia (marca de ceca "P"). Tiraxe: 251.767 exemplares. Aliaxe: 90 % prata e 10 % cobre. Diámetro: 38,1 mm. Peso: 26,73 g. Espesor: 3,1 mm. Canto: estriado.
O dólar de prata da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos é unha moeda conmemorativa, non circulante, emitida en 2000 e cuñada pola Casa da Moeda dos Estados Unidos na súa Ceca de Filadelfia.
Esta moeda dun dólar forma parte dunha serie de dous valores —a outra é de 10 dólares— e foi autorizada pola Lei 105–268, do 19 de outubro de 1989,"Public Law 105-268 - Oct. 19, 1998". Govinfo.gov para conmemorar o 200º Aniversario da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos."Library of Congress Commemorative Silver Dollar Coin". United States Mint."Library of Congress Commemorative Coins". United States Mint.
Deseño O anverso deste dólar foi deseñado polo gravador da US Mint Thomas D. Rogers, autor tamén do reverso inicial do popular dólar Sacagawea. No anverso represéntanse dous libros, un deles aberto e apoiado noutro, que está pechado, e ao fondo aparece o facho da aprendizaxe."1 Dollar Library of Congress". Numista.com
O reverso é obra John Mercanti, recoñecido autor de numerosas moedas conmemorativas dos Estados Unidos. Neste reverso represéntase a cúpula do Edificio Jefferson, un dos catro que compoñen a Biblioteca do Congreso, construído entre 1890 e 1897.
Produción e comercialización A Lei 105-268 autorizou unha tiraxe máxima de 500.000 exemplares. A súa comercialización comezou o 24 de abril de 2000 e, ao remate do período de venda a finais dese ano, chegárase á venda de 53.264 exemplares con acabamento estándar e 198.503 con acabamento especial (proof)."Historical Commemorative Coin Sales Figures: 2000 Library of Congress". United States Mint.
Aínda que durante o seu período de distribución o dólar de prata tivo máis éxito comercial que a moeda de 10 dólares que completaba a serie, no mercado secundario foi esta última a que se fixo máis popular, polo feito de ser a primeira moeda bimetálica —en ouro e platino— emitida nos Estados Unidos."2000 Library of Congress $10 Bimetallic Gold and Platinum". ModernCommemoratives.com
Unha parte dos beneficios económicos da súa comercialización foi destinada ao fondo económico en apoio dos programas de divulgación da Biblioteca do Congreso (Library of Congress Trust Fund Board).
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Moeda dun dólar estadounidense Moedas do dólar estadounidense Casa da Moeda dos Estados Unidos
Ligazóns externas
"2000 Library of Congress Silver Dollar" (ModernCommemoratives.com)
Categoría:Moedas dun dólar estadounidense Categoría:Moedas de prata Categoría:Moedas conmemorativas dos Estados Unidos de América