Liáng Shānbó yǔ Zhù Yīngtái (en ) é un filme de Hong Kong de 1963 dirixido por Li Han-hsiang. É unha adaptación da historia clásica chinesa "Os amantes bolboreta", e conta a historia do romance entre un home, Liang Shanbo (interpretado pola actriz Ivy Ling Po, que tamén cantou a voz do personaxe) e a muller travestida Zhu Yingtai (interpretada por Betty Loh Ti, con canto dobrado por Tsin Ting).
O filme gañou 6 galardóns na segunda edición do Golden Horse Film Festival en Taiwán, incluíndo o premio a mellor filme. Foi escollido como candidato de Hong Kong ó Óscar ó mellor filme internacional na 36ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences
Personaxes Betty Loh Ti como Zhu Yingtai Ivy Ling Po como Liang Shanbo Ren Jie como Ying Hsin Li Kun como Si Jiu Ching Miao como vello mestre Zhu Chen Yen-yen como Madam Zhu Yang Chih-ching como Headmaster Kao Pao-shu como esposa Jackie Chan como extra (sen acreditar)
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Hong Kong propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 36ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 1963 Categoría:Filmes en lingua mandarín Categoría:Filmes de Hong Kong Categoría:Filmes dirixidos por Li Han-hsiang