Joan Babot i Xaus, nado en Sant Joan Despí o 19 de setembro de 1918 e finado en Barcelona o 16 de marzo de 1997, foi un futbolista español, que xogaba como defensa central.

Traxectoria Comezou a xogar ao fútbol no Sant Joan, da súa localidade natal, Sant Joan Despí, antes de ingresar en 1932 na canteira do FC Barcelona. Xogou co primeiro equipo durante a Guerra Civil e foi un dos xogadores que realizou a xira por América do Norte en 1937, durante a cal disputou 14 partidos en México e nos Estados Unidos. Ao remate da xira, foi un dos poucos futbolistas que regresou a Cataluña. Durante estes anos gañou a Liga Mediterránea, a Liga Catalana e o Campionato de Cataluña. Na campaña 1941/42 xogou no AD Ferroviaria de Madrid, na Segunda División.

En 1942 volveu a Cataluña para xogar no Gimnàstic de Tarragona, onde en seis tempadas pasou de militar na cuarta categoría do fútbol español á Primeira División, chegando a ser capitán do equipo. Na tempada 1947/48 debutou no Nàstic na máxima categoría, disputando un total de 25 partidos nos que marcou un gol. En xaneiro de 1948 venceron ao Real Madrid no Novo Chamartín por 1-3, na que foi a primeira derrota do conxunto branco no seu novo estadio.

A continuación xogou no Real Valladolid durante un total de 3 tempadas, nas que disputou 77 partidos de Primeira. En xuño de 1950 reforzou o Atlético de Madrid para a disputa da quinta edición do Trofeo Teresa Herrera, que o equipo madrileño perdeu ante a Lazio, e tamén para as semifinais da Copa Latina ante o Girondins de Bordeos, partido no que marcou un gol en propia meta.

En 1951, con case 33 anos, fichou polo Espanyol, onde non dispuxo apenas de minutos, disputando só 3 partidos de liga, nos que marcou un gol. Antes de rematar a tempada saíu cedido ao Sant Andreu, onde coincidiu con outros espanyolistas como Antoni Cruellas e David Casamitjana. Retirouse definitivamente en 1953.

En Sant Joan Despí dispútase un torneo de fútbol que leva o seu nome.

Selección nacional Xogou un partido coa selección catalá en 1948. En febreiro de 1951 foi convocado pola selección española pero non chegou a debutar.

Palmarés Barcelona Liga Mediterránea (1): 1936/37. Campionato de Cataluña (1): 1937/38. Liga Catalana (1): 1937/38.

Gimnástic Terceira División (1): 1944/45.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador no sitio web oficial do FC Barcelona .

Categoría:Nados en Sant Joan Despí Categoría:Nados en 1918 Categoría:Finados en 1997 Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Xogadores do FC Barcelona Categoría:Xogadores do Gimnàstic de Tarragona Categoría:Xogadores do Real Valladolid Categoría:Xogadores do UE Sant Andreu Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Cataluña Categoría:Xogadores do CF Reus Deportiu