Incompatibles 2 (en ) é un filme francés de 2022 dirixido por Louis Leterrier e escrito por Stéphane Kazandjian. É unha secuela do filme de 2012 De l'autre côté du périph, e está protagonizado por Omar Sy e Laurent Lafitte (que retoman os seus papeis do filme anterior), e con Izïa Higelin.

Estreouse o 6 de maio de 2022 a través de Netflix, e conta con opción de subtitulado en galego, traducido por Antía López Cando.

Personaxes Omar Sy como Ousmane Diakhité Laurent Lafitte como François Monge Izïa Higelin

Produción En marzo de 2021, anunciouse que Louis Leterrier dirixiría un filme de acción e comedia francés para Netflix.

A fotografía principal comezou o 15 de marzo de 2021 en París e na rexión de Ródano-Alpes, en Francia.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming

Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Louis Leterrier Categoría:Filmes rodados en París Categoría:Filmes de 2022 con versión en galego